Tildan de “cortina de fume” o anuncio de creación da Axencia Tributaria Galega

Tildan de “cortina de fume” o anuncio de creación da Axencia Tributaria Galega

Tildan de “cortina de fume” o anuncio de creación da Axencia Tributaria Galega

María José Caride lembra que a Xunta aproveitou a Lei de Acompañamento aos orzamentos de 2011 para “rebautizar” a Dirección Xeral de Tributos como Axencia Tributaria

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, cualificou de “cortina de fume” o anuncio do presidente da Xunta de creación dunha Axencia Tributaria Galega cando a realidade é que xa fora creada na Lei de Acompañamento aos Orzamentos de 2011, aprobada en decembro de 2010.

Advertiu que o presidente da Xunta “anuncia algo que xa está creado” nun “intento lamentable de lavar a cara” simulando que utiliza as súas competencias en materia tributaria logo de ter apoiado a amnistía fiscal do goberno de España e de aplicar recortes aos mais débiles “mentres renuncia a aplicar a capacidade recadatoria da Xunta de Galicia”.

María José Caride sinala que o presidente da Xunta “introduciu tantas leis naquela Lei de Acompañamento que esqueceu que xa creara a Axencia Tributaria Galega, establecendo as súas funcións e principios”.

Lembrou que o PP “sempre afirmou que a Axencia Tributaria xa existía e que non se precisaba nada mais, xa que a Xunta xa loitaba contra a fraude, mesmo sinalando que en 2011 supostamente recadaran 200 millóns de euros que non aparecen na liquidación orzamentaria do goberno galego.

Lembrou que os socialistas galegos “sempre defendemos a necesidade dunha Lei específica para a Axencia Tributaria co obxectivo claro de loitar contra a fraude e a corresponsabilidade fiscal. Tamén reclamou un contrato programa cos obxectivos a curto e medio prazo, co que “entendemos que a Axencia Tributaria tiña que ser algo mais que cambiar o rótulo da dirección xeral de Tributos polo da Axencia Tributaria”.

Traballar

Os socialistas galegos instan ao presidente da Xunta de Galicia a que “en lugar de facer anuncios traballe” e “deixe de definir como gallardía o que en realidade é a cobardía dun alcalde do PP que queda cos impostos de todos, e deixe de condonar débedas coa facenda autonómica ao ex candidato a alcalde do PP de Pontevedra, Telmo Martín.

Solicitou do goberno galego que “utilice a súa capacidade fiscal para redistribuír a renda e a riqueza e para poder axudar a quen está en maiores dificultades, garantindo unha sanidade e unha educación públicas e gratuítas, pagadas en función da renda”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar