Terras abandonadas e trato de favor a membros do PP polo Bantegal

Terras abandonadas e trato de favor a membros do PP polo Bantegal

Terras abandonadas e trato de favor a membros do PP polo Bantegal

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, advertiu hoxe do estado de abandono que rexistran as terras entregadas ao Banco de Terras, encargado da súa custodia mentres non atopan un novo propietario. O responsable socialista presentou unha pregunta oral en Comisión na que denunciou un presunto trato de favor a membros do PP na xestión destes recursos.

García advertiu que a obriga do Bantegal inclúe a limpeza e mantemento das parcelas que manteñen ata que son designadas para un uso alternativo. Sinala que mentres os particulares teñen que afrontar por Lei o mantemento das súas parcelas, o Bantegal declina a súa obriga, provocando un perigo importante para tódolos propietarios.

Ademais, denunciou o presunto trato de favor dos recursos destas parcelas, que “curiosamente os que acaban comprando a madeira son concelleiros ou irmáns de concelleiros do PP”, unha situación que se está a rexistrar de forma “reiterada”.

Advertiu que “pode ser que o PP estea moi introducido no mundo dos aserradoiros”, pero ironizou coa pouca capacidade que ten a competencia para “decatarse das ofertas para a retirada a madeira”.

Lamentou que o Director Xeral da Consellería de Medio Rural, Miguel Pérez Dubois, non foi quen de clarexar como se levaba a cabo a venta de dita madeira, nin cal era o procedemento que se seguía, incluso diante de casos concretos que o Portavoz Socialista enumerou na comisión de parcelas concretas pertencentes nos concellos de Agolada ou O Pino.

O Portavoz socialista ironizou sobre este particular manifestando que “ben seguro que existe un procedemento encamiñado en que dita madeira acabe en mans de concelleiros ou parentes de concelleiros”. Anunciou que o Grupo Socialista pedirá por escrito os datos dos recursos obtidos pola Xunta de Galicia pola venda desta madeira e as empresas que a compraron nos últimos 7 anos.

GDR

Ademais, denunciou o incumprimento da normativa vixente en materia LEADER. Sinalou que “hai concellos que se encadraron dentro de outro GDR que xa viña funcionando, pero o resultado é un grupo novo, e polo tanto o proceso ten que partir de novo de cero”. Sen embargo, explicou, “hai casos onde se está intentando que os novos membros incorporados ó grupo antigo asuman decisións tomadas xa de antemán polos anteriores socios”.

García presentou unha pregunta oral na Comisión de Agricultura do Parlamento diante das “supostas irregularidades” na xestión dos denominados GDR, que veñen de ser reorganizados polo goberno galego acorde cun novo mapa a finais de 2015. Sen embargo, dixo, o seu funcionamento “non é acorde coa normativa”, xa que a súa redistribución non supuxo a nova constitución dos grupos.

Acusou ao goberno galego dunha decisión como “parte consciente, colaboradora e culpable” dunha situación irregular que está rexistrando casos como o do GDR-17, con grupos “tomando decisións de xestión en base a criterios adoptados no período anterior e sen ter en conta a incorporación de novos membros”.

O GDR-17 comprende os concellos de Caldas de Reis, Cambados, Catoira, Cuntis, O Grove, Illa de Arousa, Meaño, Meis, Moraña, Pontecesures, Portas, Ribadumia, Sanxenxo, Valga, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar