"Temos que aglutinar o desexo de cambio en torno ao Partido Socialista"

"Temos que aglutinar o desexo de cambio en torno ao Partido Socialista"

“Temos que aglutinar o desexo de cambio en torno ao Partido Socialista”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, manifestou esta tarde que “temos que aglutinar o desexo de cambio en torno ao Partido Socialista, somos a única forza con capacidade e solvencia para facerlle fronte ao PP e por iso nos atacan”.

Leiceaga participou en dous actos políticos nos municipios de Vilalba e As Pontes xunto ao secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez. “O domingo só hai dúas opcións, ou apoiar o cambio liderado polos socialistas ou garantizar a maioría absoluta do PP e con ela máis paro, máis recortes e máis resignación”, aseverou o candidato socialista.

“Temos que concentrar os votos no único partido que pode liderar o cambio que queren os galegos, no Partido Socialista”, apuntou o candidato, que considera que “quedarse na casa o domingo é condenar a Galicia a catro anos máis de paro, recortes e privatizacións, quedarse na casa é asegurar a maioría absoluta do PP”.

“Nos atacan e desprezan porque saben que somos a única opción real de cambio; o PP axita a pantasma do medo porque están nervosos, pero os galegos saben que o único letal en Galicia son as políticas do Partido Popular e vanllo decir o domingo co seu voto”, afirmou.

No Día Mundial do Alzhéimer, Leiceaga lembrou o compromiso socialista de “mellorar a atención ás persoas coa enfermidade e aos seus familiares, recuperando ademais o salario que establecía a Lei de Dependencia para a figura do coidador ou coidadora”.

Por último, Leiceaga fixo de novo un chamamento a “aglutinar o desexo de cambio en torno ao Partido Socialista, a xente que quere cambio ten que saber que os socialistas somos a única forza con capacidade para levalo adiante sin estridencias nin líos”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar