Temeraria falla de previsión da Xunta no operativo de extinción de incendios

Temeraria falla de previsión da Xunta no operativo de extinción de incendios

Temeraria falla de previsión da Xunta no operativo de extinción de incendios

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, denunciou a “absoluta falla de previsión” amosada pola Consellería do Medio Rural no operativo de extinción de incendios. O responsable socialista advertiu que a maioría de comarcas de Galicia non contan con persoal suficiente no comezo do período de alto risco de incendios e ás portas dunha vaga de calor.

Pablo García explicou que esta é a situación xeneralizada en toda Galicia e, nomeadamente, no distrito XVI, que xestiona a comarca de Deza, Tabeirós – Terra de Montes logo de que a semana pasada arderan 160 hectáreas en Ponteareas e 30 en Caldas de Reis. Sinala que “xa dende febreiro dende o PSdeG vimos facendo numerosas iniciativas no Parlamento advertindo que isto ía suceder”.

Apunta que “a día de hoxe, as vacantes están aínda sen cubrir, e os convenios cos concellos tanto para as brigadas municipais como para os Grupos de Emerxencia Supramunicipais –GES- aínda sen contratar”. Dixo que “isto non deixa de ser unha temeridade xa que, como tamén advertimos, podemos prever un verán de alto risco de incendios, malia que non se fixo ningún tipo de prevención logo dun inverno de moita chuvia”.

Engade que “a Consellería de Medio Rural envía unha mensaxe de tranquilidade dicindo que as baixas no distrito forestal están cubertas con persoal temporal, cando sabe que a día de hoxe non ten contratado ao operativo a través de convenios cos concellos”.

Esta situación, remata, “non vén mais que a darnos a razón cando criticabamos o cambio de modelo do goberno, que insiste na fragmentación da contratación, na privatización do servizo e en pretender trasladarlle un problema aos concellos dunha responsabilidade e competencia que é súa, como é a prevención e extinción de incendios, sen garantir recursos económicos e en base a uns convenios con fondas dúbidas legais”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar