Tala masiva e descontrolada na beira do Sil polos "compadres" do PP

Tala masiva e descontrolada na beira do Sil polos "compadres" do PP

A deputada socialista Carmen Acuña esixiu hoxe a reposición do grave dano medioambiental, paisaxístico e de mobiliario urbano perpetrado na tala “masiva, arbitraria e descontrolada” de árbores no paseo fluvial do río Sil ao seu paso polo concello da Rúa perpetrada pola “corruptela e compadreo do PP”.

Acuña preguntou en Comisión parlamentaria por unha tala “supostamente selectiva e curativa” para eliminar 20 árbores que finalmente se saldou con 65 na Reza e outras 110 no camiño a Aguillón, un total de 175, 155 mais das autorizadas. Reclamoulle ao goberno galego que “explique cómo van restaurar a desfeita, si co diñeiro de todos ou a través dunha multa ao empresario que permita repoñer o que estragou”.

A “falcatruada”, dixo, “demostra unha vez mais a corruptela e o compadreo do PP, cun alcalde que lle encarga desinteresadamente o traballo a un madereiro do pobo, irmán do industrial que financia ao partido”, e esixiu que “quen a fixo, que a pague e asuma as consecuencias”.

Acuña sinala que a tala “arrasou con todo” sen considerar a “idade, condición ou especie” das árbores no seu camiño, no que mesmo arrollou o mobiliario urbano, deixando aos veciños e veciñas sen boa parte dos bancos e mesas que utilizan para sentarse na beira do río.

Critica que o concello tente de xustificar a autorización da tala coa escusa de que tivo un “custe cero para o pobo, pois un oportuno e moi próximo empresario se ofreceu desinteresadamente a cambio de que lle regalaran a madeira”, ironizou. O feito é que, logo de seleccionar as árbores mais acaídas, “deixou o resto espallado ao longo da zona a modo de desperdicios”.

Denunciou que o Concello teña amparado unha agresión medioambiental intolerable” que ten alporizado a todo o Concello, xa que destruíu un paseo moi concorrido e respectado por ter un gran valor medioambiental .

Tala ata O Barco

Acuña explica que a tala “masiva” continuou pola beira do río atravesando Vilamartín ata o momento en que chegou ao territorio de O Barco de Valdeorras, onde “foi paralizada logo de comprobar que contaba con tódolos permisos agás o municipal2.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar