Tala de ábores centenarias en Xinzo

Tala de ábores centenarias en Xinzo

Tala de ábores centenarias en Xinzo

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, puxo hoxe en dúbida o proxecto da Consellería de Infraestruturas, coa conivencia do alcalde imputado de Xinzo de Limia, para talar as árbores centenarias da Avenida de Celanova. A responsable socialista lembra que o proxecto vai en contra da Sociedade Galega de Historia Natural e dos veciños e veciñas.

A responsable socialista levou á Comisión unha pregunta sobre este proxecto que suporá un investimento de 460.000 euros en contra de a lo menos 2.500 veciños e veciñas que asinaron a favor do mantemento das árbores, ademais dunha campaña de apadriñamento das especies, que foi apoiada por 200 persoas.

Vilán critica que Xunta e Concello leven adiante esta iniciativa porque, segundo aseguran, “restan visibilidade aos condutores”, cando noutros concellos limítrofes “teñen feito o imposible pola permanencia e supervivencia de cada árbore”.

Sinala que, fronte a este suposto prexuízo contra os condutores, “nada din de que as árbores serven de barreira contra o ruído, axudan a aforrar enerxía, refrescan coa súa sombra no verán e reducen o vento no inverno”.

Amparar a prevaricación

A responsable socialista preguntou se o apoio da conselleira a esta proposta supón que “está a amparar a un alcalde que está a ser xulgado por un presunto delito de prevaricación continuada e que se enfronta a unha condena de 10 anos de inhabilitación”.

Lembrou que o anterior alcalde da localidade, Isaac Vila, “hai 20 anos defendía que non se podaran as árbores” para que o seu sucesor, “herdeiro do baltarismo – fillo”, considere “unha necesidade imperiosa arranxar uns desperfectos que antes non existían”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar