A Xunta adebeda 1,2 millóns de euros aos concellos para o mantemento dos Grumir

Sonia Verdes advirte que o Goberno galego vai deixar “indefensos” aos concellos reducindo os grupos de 48 a 22 e eliminando un total de 500 efectivos A portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Sonia Verdes, sinalou que a Xunta adebeda aos concellos 1,2 millóns de euros para o mantemento dos grupos municipais de intervención rápida –Grumir-. Así o dixo nunha pregunta ao goberno en Comisión, na que acusou á Xunta de deixar “indefensos” aos concellos limitando... Ler máis

A Xunta recortou 161 millóns de euros para o medio rural e en 2011 deixou sen executar outros 70, poñendo en perigo os fondos comunitarios

Sonia Verdes esixe á Xunta que explique as consecuencias para Galicia dos recortes aplicados polo Ministerio de Agricultura A portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Sonia Verdes, sinalou que Feijóo ten recortado 161 millóns de euros para o medio rural dende a súa chegada á Xunta, malia o que no exercicio de 2011 esta Consellería deixou sen executar outros 70 millóns de euros. Verdes presentou unha Interpelación na que advirte que sitúa a Galicia en risco de perder... Ler máis

Reprochan a Feijóo e a Cañete que a sinatura do convenio chegue con dous anos de atraso

As responsables de Medio Rural da Executiva, Ana Doval, e do Grupo Parlamentario, Sonia Verdes, advirten certo “recendo electoral” na elección da data de sinatura Este atraso, provocado pola incompetencia da Xunta e a complicidade de Feijóo cos recortes de Rajoy sitúa os investimentos en desenvolvemento sostible no rural no horizonte do 2016 Reprochan a Feijóo que a súa falta de cooperación atrasa a aplicación da Lei de Desenvolvemento Sostible socialista, que xa dispoñía... Ler máis

O “servilismo” da Xunta cos recortes de Rajoy na agricultura poñen en perigo a cofinanciación de programas europeos

Sonia Verdes sinala que a chegada de Cañete ao Ministerio de Agricultura supuxo o recorte de 876 millóns de euros a Galicia, que se suman aos 161 recortados por Feijóo A portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Sonia Verdes, dixo que o “servilismo” amosado por Feijóo aos recortes do goberno de Rajoy na agricultura “pon en risco a competitividade das explotacións agrarias. No debate dunha pregunta oral na Comisión de Agricultura, sinalou que a chegada de Cañete... Ler máis

Rexeitan a Lei de Montes da Xunta por “incendiaria” ao recortar as franxas de protección

Sonia Verdes sinala que supón o “machadazo final ás políticas de desenvolvemento rural” e “desvaloriza o monte” A portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Sonia Verdes, rexeitou a Lei de Montes da Xunta por canto ten de “incendiaria” ao “achegar o lume ás casas” reducindo as franxas de protección. Os socialistas presentaron unha emenda de devolución a este texto que supón o “machadazo final ás políticas de desenvolvemento rural” e “desvaloriza... Ler máis

Propoñen un plan plurianual para a integración da gandaría extensiva na prevención de incendios forestais

Sonia Verdes acusa ao PP de renunciar á valorización do monte e do rural ao rexeitar esta proposta na Comisión de Agricultura Critica a falla de medidas de restauración do Macizo Central Ourensán por parte da Xunta e advirte do reparto arbitrario de sementes a “ganderías amigas” logo dos lumes A portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Sonia Verdes, propúxolle á Xunta a posta en marcha dun plan plurianual para a integración da gandaría extensiva na prevención... Ler máis

Esixen á Xunta que “deixe a propaganda” e aprobe axudas directas para paliar a seca e evitar o peche de explotacións

O PP rexeita unha Proposición non de Lei do PSdeG-PSOE para apoiar ás explotacións gandeiras afectadas pola seca Sonia Verdes advirte que 5.000 explotacións gandeiras galegas están “ao borde da desaparición” diante do desleixo e “desprezo” do goberno galego A portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Sonia Verdes, esixiu á Xunta que “deixe a propaganda” e aprobe axudas directas para paliar os gastos derivados da seca deste inverno evitando así o peche de... Ler máis

O PP fai do monte «un polvorín»

A portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, Sonia Verdes, acusou hoxe ao PP de “facer do monte un polvorín” rexeitando un dispositivo antiincendios “eficaz e profesionalizado” e desmantelando a prevención de lumes. Así o dixo no debate no Parlamento dunha Proposición non de Lei do PSdeG para elaborar un Plan de Prevención contra Incendios –Pladiga-, rexeitada polo PP. Verdes reclamou a aprobación urxente dun Pladiga “con suficiente dotación económica que... Ler máis

A Xunta é o «brazo executor» do lume do Eume por desmantelar as políticas de prevención

A portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, Sonia Verdes, dixo hoxe que o presidente da Xunta é o “máximo responsable” do incendio das Fragas do Eume por ser “o brazo executor das políticas de recortes e desmantelamento das medidas de prevención e de ordenación do noso monte”. Así o dixo na comparecencia da conselleira do Medio Rural sobre a traxedia vivida a pasada semana. Advertiu que “o lume se cadra non se puido evitar pero a traxedia si, con prevención... Ler máis

«Frivolidade intolerable» de Feijóo ao dicir que o dispositivo antiincendios «funcionou»

A portavoz do Medio Rural do Grupo Socialista, Sonia Verdes, cualificou hoxe de “intolerable” que o presidente da Xunta “frivolice dicindo que o dispositivo antiincendios funcionou” cando o lume arrasou como mínimo 750 hectáreas nas Fragas do Eume. Así o dixo no debate en Comisión dunha pregunta oral sobre o lume iniciado no Parque Natural esta fin de semana. Verdes reclamou á Xunta que “dean resposta e asuman a responsabilidade que non foron quen de asumir”,... Ler máis