Pachi Vázquez reúnese no Parlamento con médicos da sanidade pública para buscar alternativas aos recortes

O presidente do grupo parlamentario socialista preguntará maña a Feijoo, na sesión de control, pola afectación dos recortes á sanidade pública galega O presidente do Grupo Parlamentario dos Socialistas, Pachi Vázquez, mantivo hoxe unha reunión de traballo cun grupo de médicos das catro provincias galegas, todos eles da sanidade pública e con experiencia de xestión, para abordar a afectación a Galicia dos recortes decididos polo gobernos de Rajoy e Feijoo. A reunión,... Ler máis

O recorte de 10.000 millóns de euros é o tiro de gracia á sanidade e educación públicas

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, ven de manifestar a “preocupación dos socialistas galegos” polo novo escenario que se abre, onde o PP a nivel nacional, con Núñez Feijóo como cómplice necesario, acaba de darlle o “tiro de gracia” á Sanidade e á Educación Públicas. O líder dos socialistas galegos anunciou a convocatoria urxente das Comisións Sectoriais de Sanidade e Educación, dos axentes sociais, e das plataformas de defensa de Educación e... Ler máis

Fernández advirte que Feijóo incumprirá o compromiso de abrir a unidade hemodinámica cardíaca de Lugo

O deputado Miguel Angel Fernández interveu no Pleno da Cámara para reclamar explicacións sobre a posta en marcha da unidade de hemodinámica de Lugo no prazo esixido. Alí acusou á Conselleira de Sanidade de mentir “xa que si quedaba orzamento para o equipamento”. E preguntoulle de “onde sacaron os cartos para as resonancias magnéticas novas, e para un aparato exactamente igual que o que estamos pedindo na unidade de hemodinámica, e que hoxe esta aberto na unidade... Ler máis

Pose: «A Xunta quere disimular o copago para evitar o custe electoral»

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Modesto Pose, advertiu que a Xunta tenta de disimular a implantación do copago en Galicia “para que non teña custe electoral”. Así o dixo no debate dunha moción para que a Xunta retire as tarifas polo uso de servizos sanitarios implantadas no decreto 209/2011 e que foi rexeitada polo PP. Pose acusou ao PP de xogar “á confusión” co debate do copago sobre o que “agora din que si, agora din que non e agora chámanlle copago... Ler máis

Pachi Vázquez anuncia unha campaña en toda Galicia para rexeitar o copago sanitario

Pachi Vázquez anunciou, na Festa Socialista de Catoira, que o PSdeG-PSOE impulsará unha campaña por toda Galicia para rexeitar o copago sanitario na nosa Comunidade. Dixo que presentaran propostas no Parlamento Galego, nas Deputacións e nos Concellos de Galicia “vamos a facer unha proposta clara para rexeitar que se pague un euro por receta”. Criticou ademais as declaracións da conselleira de Sanidade e de Feijoo sobre este tema “os dous din que lles parece ben”,... Ler máis

Acuña pide a comparecencia da xerente do CHUOU dado que a conselleira delegoulle a responsabilidade

O Grupo Parlamentario Socialista solicitou a comparecencia en Comisión da xerente do CHUOU, Eloína Núñez, para que explique o motivo de que a Consellería delegue na xerente as súas responsabilidades sobre a sanidade na provincia de Ourense, e sexa a propia Eloína Núñez quen sistematicamente contesta a todas preguntas e demandas plantexadas polo Grupo Parlamentario Socialista. A deputada María del Carmen Acuña afirma que aínda que non é habitual que comparezan no Parlamento... Ler máis

Fernández esíxelle a Feijoo que “non engane aos galegos e clarifique con rotundidade si vai a implantar o copago en Galicia”

O secretario de Sanidade do PSdeG, Miguel Ángel Fernández, esixiulle ao presidente da Xunta que “deixe de enganar aos galegos e clarifique con rotundidade a súa postura sobre a implantación do copago sanitario en Galicia”. Neste senso, Fernández demandoulle a Feijoo que “se aclare dunha vez, xa que non é unha actitude responsable dicir en Galicia que non vai a implantar o copago, para despois reunirse con Presidente do Goberno e afirmar que calquera fórmula de copago... Ler máis

Acuña critica a falla de actuacións de Sanidade ante o permanente colapso das urxencias do CHOU

A deputada socialista María del Carmen Acuña manifestou “o estupor e a preocupación” dos socialistas ante as respostas da conselleira de Sanidade durante o último pleno respecto da situación de “permanente colapso de Urxencias do CHUOU”. Acuña explicou que esta situación de colapso enténdese polo aumento das listas de espera e o repunte do pico da gripe, pero que en Ourense o servizo de Urxencias xa estaba antes colapsado pola decisión da xerencia de non ingresar... Ler máis

Acuña demanda solucións urxentes ao «descontrol e colapso» das urxencias no CHOU

A deputada do Grupo Parlamentario Carmen Acuña interveu no Pleno do Parlamento para reclamar explicacións sobre o descontrol e colapso das urxencias hospitalarias no CHUOU, cando hai camas nas plantas suficientes para ingresos. A deputada ourensá dixo que os propios traballadores do Centro Hospitalario denunciaron a situación intolerable e indigna que estaban a vivir os pacientes deste servicio. Lembra ademais que o Valedor do Pobo ven de anunciar que vai iniciar de oficio... Ler máis

O PP rexeita no Parlamento garantir a asistencia sanitaria pública, universal e gratuíta

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista Modesto Pose defendeu no pleno unha moción na que reclamou ao Goberno de Feijoo, garantir a cobertura asistencial gratuíta, pública e universal, a equidade no acceso e a redución racional dos tempos de demora na asistencia. Demandou tamén a publicación das listas de espera estrutural e non estrutural, xunto cunha calidade dos servizos sanitarios homoxénea para toda a cidadanía galega. A proposta foi rexeitada polo PP. Pose asegura... Ler máis