Feijóo permanece «desaparecido» diante dos drásticos recortes orzamentarios a Galicia

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, censurou hoxe “radicalmente” a “desaparición” de Feijóo e a súa negativa a comparecer para dar conta dos severos recortes dos orzamentos de Rajoy a Galicia. O responsable socialista compareceu hoxe en rolda de prensa para denunciar a “estratexia da confusión” argallada pola Xunta e o PP para “ocultar o fracaso da xestión do presidente da Xunta”. Losada sinalou que o presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez,... Ler máis

Vázquez anuncia alternativas para loitar contra o paro, revitalizar a economía e contra o deterioro dos servizos públicos

O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, anunciou que os socialistas presentarán no novo período de sesións do Parlamento unha batería de alternativas políticas para loitar contra o paro, revitalizar a economía galega e frear o deterioro dos servizos públicos. Así o dixo en rolda de prensa para dar conta da primeira xuntanza do Grupo para preparar o novo ano parlamentario. O líder socialista acusou a Feijóo de converter este período de sesións en “tempo... Ler máis

Losada esixe a Feijóo que manteña co Goberno de Rajoy a mesma presión reivindicativa que empregou contra Zapatero

O portavoz do Grupo Socialista no Pazo do Hórreo, Abel Losada, esixiu ao Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que “abandone o escapismo” político e faga valer o autogoberno, a capacidade de presión e a capacidade de influír nas tomas de decisións do Goberno amigo de Rajoy. Losada reprochou a Feijóo que, “lamentablemente, levamos escoitando estes últimos tres anos, como as críticas ao Goberno de España foron a coartada principal, para enganar aos galegos,... Ler máis

Losada: “Os orzamentos da Xunta renuncian á reactivación económica e provocan un recorte espectacular das políticas sociais”

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, advertiu hoxe que os orzamentos da Xunta para 2012 renuncian á reactivación económica e á creación de emprego e provocan un “recorte espectacular” das políticas sociais. Criticou o “rodillo” do PP, que aprobou hoxe en solitario os orzamentos da Xunta aprobando tan só sete emendas das 478 presentadas polos socialistas. O responsable socialista criticou que “deixa sen expectativas ou futuro para unha familia cos seus... Ler máis

Os socialistas presentan un total de 478 emendas aos orzamentos como “man tendida para mellorar a calidade de vida dos galegos»

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, defendeu hoxe un total de 478 emendas presentadas polos socialistas aos orzamentos da Xunta. No Pleno de Orzamentos, dixo que constitúen unha “man tendida para mellorar a calidade de vida dos galegos e das galegas” e lamentou que o PP “non ten ningunha vontade de diálogo e non quere concertar nada”. Advertiu que a actitude do PP “leva a Galicia ao máis absoluto fracaso económico”. Criticou... Ler máis

García: «Os orzamentos do Goberno de Feijóo condenan a Galicia a máis paro e menos crecemento»

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, acusou hoxe ao Goberno de Feijóo de “condenar a Galicia a ter máis paro e menos crecemento” cuns orzamentos que son “unha clara renuncia a intentar remontar a difícil situación que atravesan os galegos e galegas”. “Non hai nos orzamentos nin unha soa medida nin un so apartado que vai dirixido a mellorar a situación do país e tentar saír da crise, ao que se engaden os recortes en servizos públicos”, sinalou.... Ler máis

Caride acusa á Xunta de perpetrar «un ataque sen precedentes ao Estado de Benestar» coa Lei de Acompañamento

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, acusou á Xunta de perpetrar un “ataque sen precedentes ao Estado do Benestar” utilizando a Lei de Acompañamento aos orzamentos. No debate na Comisión de Orzamentos, acusounos de “quebrar o sistema universal de saúde” e “provocar unha desfeita urbanística” modificando 61 artigos de 16 leis “pola porta de atrás”. Caride amosou a “rotunda oposición” dos socialistas galegos polo... Ler máis

Losada reclama a mobilización de 655 millóns de gastos superfluos para garantir servizos públicos e reactivar a economía

O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista Abel Losada presentou as emendas parciais do PSdeG-PSOE ao estado de gastos aos orzamentos da Xunta para o ano 2012. Losada reclamou a mobilización de 655 millóns de euros, que se detraen de gastos superfluos, e apuntou que as emendas socialistas apostan pola defensa dos servicios públicos e a reactivación económica e o emprego. Lamentou o rexeitamento do PP da emenda transversal socialista aos orzamento da Xunta. Losada dixo que... Ler máis

Caride: «a Xunta é valente para destruír o Estado de Benestar pero covarde para defender o público»

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, acusou á Xunta e ao PP de ser “valentes para privatizar, impoñer o copago e desmantelar os servizos públicos pero covardes na defensa do público e pedir un esforzo a quen máis ten”. No debate de Comisión dos Orzamentos da Xunta, acusou ao PP de “utilizar a crise para destruír o noso Estado do Benestar”. Caride acusou ao PP de “renunciar a defender o público” evidenciando que o debate... Ler máis

Caride advirte que a Xunta incrementará a débeda pública ata superar os 8.000 millóns de euros nos orzamentos de 2012

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, advertiu hoxe que os orzamentos da Xunta para 2012 situarán a débeda pública de Galicia por enriba dos 8.000 millóns de euros. A responsable socialista presentou unha pregunta oral en Comisión parlamentaria sobre o aumento do endebedamento da Xunta e a caída do crédito dos galegos e galegas. Caride advertiu que mentres o PP rexeita o endebedamento público no Estado e Feijóo na oposición dicía... Ler máis