Losada acusa a Feijóo de mentir sobre a vinculación con Dorribo e di que a Operación Campeón pasa polo seu despacho
O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, acusou ao presidente da Xunta de “mentir aos galegos e galegas” sobre a súa vinculación con Dorribo porque o sumario da Operación Campeón demostra que a trama de cobro de subvencións “pasa polo despacho do presidente da Xunta”. Esixiu a súa comparecencia xunto coa dos conselleiros de Economía, Facenda, Sanidade e Medio Ambiente para explicar a súa implicación no caso. Losada dixo que “Galicia non merece un presidente... Ler máis
Losada esixe o cese de Guerra «pola parálise e sospeitas nas que colocou á súa administración»
O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, ven de esixir o cese do Conselleiro de Industria, Javier Guerra, “pola parálise e as sospeitas na que ten colocada a súa Administración”. A opinión do portavoz socialista foi requirida polos medios á raíz do anuncio do cese do subdirector do Igape, Carlos Silva, detido na denominada Operación Campeón, pola súa presunta implicación nun delito de fraude en subvención. Sen embargo Losada... Ler máis
Trece casos de presunta corrupción no entorno de Feijóo
O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, denunciou hoxe o “silencio cómplice de Feijóo” diante dos casos de presunta corrupción que envolven o seu entorno político na Xunta e no Grupo Popular e que suman xa trece imputados. Esíxelle ao presidente galego “explicacións públicas” sobre unha situación “insostible” da que é “responsable máximo”. Sinala que Feijóo “debe dar conta” do “constante goteo de casos de corrupción... Ler máis
García reta a Feijóo a persoarse no Parlamento para explicar o que sabe da Operación Campeón «ou que pida declarar no xulgado”
O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, reclamoulle hoxe a Feijóo que en vez de anunciar que a Xunta se persoará na causa da Operación Campeón o que ten que facer “é persoarse el mesmo no Parlamento de Galicia, como lle ten pedido o PSdeG, para explicar todo o que sabe sobre a operación Campeón”. De non facelo, explicou Pablo García, “o que debería facer é ir ao xulgado e a declarar para contarlle a xuíza a súa relación con Dorribo, o que... Ler máis
Losada acusa a Feijóo de “mentir” sobre as axudas concedidas a Dorribo
O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, lamentou que a “desesperación” de Feijóo “por eludir as súas responsabilidades” levoulle hoxe a “mentir” sobre as axudas concedidas ao empresario imputado Dorribo. Losada reclamou de novo ao presidente da Xunta que dea conta no Parlamento da “secuencia 1-4-6: 1 xuntanza, 4 millóns de axudas e 6 imputados da Xunta”. Losada apelou á “ética que se supón a un presidente da Xunta” e que Feijóo “vulnera un día... Ler máis
Abel Losada critica que a resposta do presidente da Xunta aos principais problemas de Galicia é “non comparecer e viaxar á Arxentina”
O líder dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, preguntará a Feijóo na próxima sesión do Pleno do Parlamento polo seu “escapismo” diante da implicación da Xunta na “Operación Campeón”, a situación de NCG e a vaga de lumes de outubro. A sesión de control ao goberno galego estará dirixida así á transparencia na información transmitida polo goberno galego sobre a súa xestión. O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, explicou logo da Xunta de Portavoces,... Ler máis
A solicitude de comparecencia de Feijóo para dar conta das reunións con Dorribo presentaráse na Xunta de Portavoces
O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, presentarán na próxima Xunta de Portavoces da Cámara autonómica a solicitude de comparecencia do presidente da Xunta para dar conta das súas reunións co empresario Jorge Dorribo, procesado na Operación Campeón, e a seguinte concesión de 4 millóns de euros en axudas presuntamente irregulares. O responsable socialista reclama ao presidente da Xunta que dea conta en sede parlamentaria da implicación... Ler máis
«A Operación Campeón pasa claramente polo despacho do presidente da Xunta e está derrotando a Feijóo»
O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, dixo que “a Operación Campeón claramente pasa polo despacho do presidente da Xunta, e ese campión está derrotando a Núñez Feijóo”. Así o dixo logo de reclamar a comparecencia do presidente e dos catro conselleiros implicados na trama de axudas irregulares porque “Galicia necesita explicacións convincentes e rápidas”. Losada acusou a Feijóo de “agochar” a súa entrevista co empresario imputado, logo da cal este... Ler máis
García critica a “fuxida” de hoxe de Feijóo: anulou un xantar en Lugo e evitou comparecer cos presidentes de Pastor e Popular
O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, criticou a “fuxida” de Feijóo no día de hoxe, “a fin de evitar responder a preguntas incómodas e dar explicacións sobre a súa relación co empresario Jorge Dorribo e a reunión que mantivo con el dous meses antes de que o Goberno galego concedese a Nupel axudas por importe de catro millóns de euros”. Isto levou a Feijóo non só a eludir responder a Pachi Vázquez na sesión de control, senón a anular un... Ler máis
Vázquez revela que Feijoo reuniuse con Dorribo dous meses antes de concederlle axudas por catro millóns de euros a Nupel
O presidente do Grupo Parlamentario dos socialistas de Galicia, Pachi Vázquez, revelou que Feijóo mantivo unha xuntanza co empresario José Dorribo dous meses antes de que o Goberno galego lle concedese a Nupel (empresa farmacéutica propiedade do empresario imputado por fraude) axudas por importe de tres millóns de euros. So uns meses despois, en marzo de 2011, a Xunta volveu a concederlle unha nova axuda, neste caso unha subvención de 1 millón de euros a fondo perdido. Vázquez... Ler máis








