O PSdeG reafirma o seu compromiso cos veciños da Gudiña
O secretario Xeral da CEP, Raúl Fernández, xunto ao portavoz da Gudiña, Miguel Ángel Rodríguez, reafirmou o compromiso dos socialistas cos veciños da Gudiña e sinalou que o Partido Popular está detrás “da situación límite absolutamente inxusta, arbitraria e discriminatoria” da que foi vítima o concelleiro e sacerdote Antonio Fernández. Raúl Fernández cualificou a reunión de onte á tarde coa agrupación local da Gudiña “extensa, intensa, aberta clara e leal”,... Ler máis
García saúda a unidade da esquerda para conformar gobernos de progreso en preto de 40 concellos
O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, saudou a unidade da esquerda para conformar gobernos de progreso en preto de 40 concellos, facendo fronte aos gobernos conservadores do PP. Sinalou así que os acordos acadados entre PSdeG e o BNG, sobre todo, permitiron constituír gobernos de progreso en preto de 40 concellos galegos, dos cales 25 estarán gobernados por alcaldes socialistas. A estes 25 hai que engadir as 35 alcaldías nas que o PSdeG gobernará con maioría... Ler máis
O PSdeG apoiará as investiduras de gobernos de progreso e traballará en fórmulas que lle dean estabilidade e xeitos de gobernabilidade
O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, anunciou, tras a xuntanza da Permanente da Executiva, que os socialistas galegos apoiarán as investiduras de gobernos progresistas nos concellos onde sexa posible, e que traballará “para buscar fórmulas que lles dean estabilidade e xeitos de gobernabilidade”. Vázquez sinalou que, ademais do apoio nas investiduras ás formacións progresistas máis votadas, “seguiremos criterios harmónicos para estabilizar estes gobernos,... Ler máis
Pachi Vázquez afirma que o socialismo galego mantén “a serenidade, o ánimo, as gañas e ilusión” porque “en Galicia os deberes fixéronse ben”
O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, expresou hoxe a “serenidade, ánimo, gañas e ilusión” que os socialistas galegos manteñen tras as eleccións municipais. Tras manter unha xuntanza coa Executiva do PSdeG, Vázquez sinalou que o socialismo galego afronta os resultados “sabendo que no que compete a Galicia, os deberes fixéronse ben” e que “hai unha maioría de cidadáns das grandes cidades gobernados por gobernos progresistas”. Afirmou que “ante o probablemente... Ler máis
Pablo García declárase «satisfeito» polo aumento da participación
O PSdeG declárase «satisfeito» pola participación nestas eleccións municipais, que supera a porcentaxe rexistrada en 2007, fronte a aqueles que «promulgan certa desafección» nos comicios. «Que se vote é tremendamente positivo», recalcou, nunha comparecencia ante os medios, o secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, quen fixo un balance «positivo» da asistencia de cidadáns ás urnas. Esta afluencia, segundo destacou, «apoia» a «pretensión máxima»... Ler máis
Antón Louro está «seguro» de que os cidadáns de Pontevedra «van acertar» na elección do futuro alcalde
O candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Pontevedra, Antón Louro, mostrouse «seguro de que os cidadáns van acertar» nestas eleccións municipais e animou votar «libremente e en conciencia». Deste xeito, expresou a súa «confianza» nos pontevedreses. «Moitos van mirar para nós», afirmou en declaracións aos medios. O exdelegado do Goberno acudiu a votar ás 11.00 horas ao colexio instalado na antiga delegación de Sanidade en Pontevedra, acompañado por varios integrantes... Ler máis
Francisco Rodríguez anima a que «haxa moitísima participación» neste «gran día da democracia»
O candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Ourense, Francisco Rodríguez, espera que este 22-M sexa «o gran día da democracia» e «haxa moitísima participación». En declaracións aos medios, Francisco Rodríguez espera que todo se desenvolva con normalidade» durante a xornada «con ausencia de incidentes, como está a transcorrer até agora». O aspirante á reelección en Ourense depositaba o voto ás 10.30 horas no CEIP da Ponche, na contorna da Ponte do Milenio da cidade... Ler máis
Orozco pediu «que sexa un día plenamente democrático» e confía nunha ampla participación
O candidato do PSdeG e alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, pediulle á sociedade galega «que sexa un día plenamente democrático, co cumprimento de todas as normas electorais nun país avanzado» e que conta con «moita experiencia democrática». Orozco acudía á mesa da casa sindical para exercer o seu dereito a voto acompañado da súa familia, a súa muller e as súas dúas fillas, onde manifestou que afronta o día «con toda esperanza, con toda ilusión» e confiando... Ler máis
Pachi Vázquez animou aos cidadáns a participar «con ilusión» e «tranquilidade» nos comicios
O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, animou aos cidadáns galegos a participar «con ilusión» e «tranquilidade», sabendo que «en cada concello, cada pobo, cada cidade» está a «decidirse» o alcalde ou alcaldesa do próximos catro anos. Así o manifestou en declaracións aos medios tras acudir a votar ás 11.30 horas no Colexio Campo da Feira da localidade ourensá do Carballiño. Alí sinalou que para os socialistas galegos é un día «de celebración» e de... Ler máis
Javier Losada pide aos coruñeses que dean «exemplo votando masivamente»
O candidato do PSdeG á alcaldía da Coruña, Javier Losada, insistiu na participación da sociedade nos comicios municipais, ademais de pedir aos coruñeses que «dean un exemplo votando masivamente». Losada exerceu o seu dereito a voto ás 12.00 horas no Palacio Municipal de María Pita, onde destacou que se trata dun día «de alegría pola democracia» e animou á participación cidadá. Así mesmo referiuse ao descenso do R.C. Deportivo da Coruña a Segunda División, para... Ler máis








