Advirten que Feijóo “prometeu 13 plans de emprego pero non levou a cabo ningún”
Miguel Ángel Fernández critica que o PPdeG rexeite unha moción socialista para realizar un seguimento das empresas con EREs e que os expedientes sexan aprobados pola autoridade laboral O portavoz de Traballo do Grupo Socialista, Miguel Ángel Fernández, advertiu que Feijóo “prometeu 13 plans de emprego e non levou a cabo ningún”. Así o dixo no debate dunha moción socialista para que a Xunta realice un seguimento exhaustivo das empresas con EREs suspensivos ou de redución... Ler máis
Seguimento exhaustivo aos EREs suspensivos ou de redución de xornada
O portavoz de Emprego do Grupo Socialista, Miguel Ángel Fernández, presentará no Pleno do Parlamento que comeza o próximo martes unha moción para que a Xunta realice un seguimento exhaustivo das empresas acollidas a Expedientes de Regulación de Emprego suspensivos ou de diminución de xornada. O responsable socialista insta ao Goberno galego que acorde coas empresas que apliquen un ERE “un procedemento de seguimento que permita avaliar o grao de consecución dos obxectivos... Ler máis
Acusan a Feijóo e a Mosquera de mentir aos galegos e cifran en 350.000 os cidadáns en listas de espera da sanidade pública
O Secretario de Sanidade da Executiva do PSdeG-PSOE, Miguel Ángel Fernández López, afirma que este goberno estase a manifestar incapaz de xestionar a Sanidade Pública, en peor situación que hai tres anos Os socialistas esixirán datos centro a centro e mes a mes da actividade cirúrxica para coñecer os motivos da súa diminución nos centros públicos Fernández pide unha rectificación a Mosquera por eliminar da nota da consellería sobre as listas de espera do 1º trimestre... Ler máis
Acusan á Xunta de deixar sen executar 160 millóns de euros de promoción de emprego mentres cada día hai 60 galegos afectados por un ERE
Miguel Ángel Fernández critica a “ineficacia e incapacidade” da conselleira de Traballo ao facer de Galicia a autonomía máis afectada polos EREs durante 2011 O portavoz de Emprego do Grupo Socialista, Miguel Ángel Fernández, acusou á Xunta de deixar sen executar un total de 160 millóns de euros dos orzamentos para promoción do emprego durante o ano 2011, mentres 60 galegos e galegas se viron afectados por un ERE cada día. Fernández Presentou hoxe unha Interpelación... Ler máis
Fernández advirte que Feijóo incumprirá o compromiso de abrir a unidade hemodinámica cardíaca de Lugo
O deputado Miguel Angel Fernández interveu no Pleno da Cámara para reclamar explicacións sobre a posta en marcha da unidade de hemodinámica de Lugo no prazo esixido. Alí acusou á Conselleira de Sanidade de mentir “xa que si quedaba orzamento para o equipamento”. E preguntoulle de “onde sacaron os cartos para as resonancias magnéticas novas, e para un aparato exactamente igual que o que estamos pedindo na unidade de hemodinámica, e que hoxe esta aberto na unidade... Ler máis
Os socialistas esixen medidas para incentivar os contratos a tempo completo e alertan do aumento dos contratos temporais
O portavoz de Traballo do Grupo Parlamentario Socialista Miguel Angel Fernández rexistrou diversas iniciativas na Cámara Autonómica nas que reclama explicacións á Consellería de Traballo sobre a evolución dos contratos temporais asinados en Galicia durante o ano 2011. Miguel Angel Fernández asegura que nun estudio, realizado por unha das centrais sindicais de maior representatividade na nosa comunidade, sinalase que o 12,9% dos máis de 671.449 contratos asinados no... Ler máis
Fernández esíxelle a Feijoo que “non engane aos galegos e clarifique con rotundidade si vai a implantar o copago en Galicia”
O secretario de Sanidade do PSdeG, Miguel Ángel Fernández, esixiulle ao presidente da Xunta que “deixe de enganar aos galegos e clarifique con rotundidade a súa postura sobre a implantación do copago sanitario en Galicia”. Neste senso, Fernández demandoulle a Feijoo que “se aclare dunha vez, xa que non é unha actitude responsable dicir en Galicia que non vai a implantar o copago, para despois reunirse con Presidente do Goberno e afirmar que calquera fórmula de copago... Ler máis
Fernández di que a reforma laboral do PP conleva inxustizas, miserias e privacións
O portavoz de Traballo do Grupo Parlamentario Socialista Miguel Angel Fernández interveu no Pleno da Cámara, mediante unha proposición, para reclamar ao Goberno de Feijoo rexeitar as medidas e o modelo de relacións laborais recollido no Real Decreto 3/2012, do 10 de febreiro, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral. E insta a Xunta a que traslade ao Goberno de España a necesidade de abrir un verdadeiro proceso negociados cos partidos políticos e cos sindicatos,... Ler máis
Fernández acusa a Feijóo de non ter previsto as consecuencias da «inxusta e ineficaz» reforma laboral en Galicia
O portavoz de Emprego do Grupo Parlamentario Socialista, Miguel Ángel Fernández López ven de preguntar ao Goberno galego polas previsións que manexa sobre o número de empregos que vai xerar na nosa comunidade a reforma laboral aprobada polo Goberno de España. O deputado socialista xustifica esta iniciativa na “inquietude e a alarma social” que os efectos da Reforma Laboral aprobada polo Goberno de España esta a provocar na sociedade galega, “como se demostrou coas... Ler máis
O PP rexeita modificar os criterios das axudas aos concellos para o fomento do emprego evitando a arbitrariedade
O portavoz de Traballo do Grupo Parlamentario Socialista Miguel Angel Fernández, reclamou modificar os criterios das axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración con entidades locais, de maneira que non se fagan de forma arbitraria e respondendo a intereses políticos , e que o dito reparto respecte a proporcionalidade co numero de parados de cada concello. A proposta que foi debatida o martes 28 de febreiro,... Ler máis








