O PSdeG reafirma a oposición á incineradora en calquera punto da provincia

O Partido Socialista participou esta tarde nun acto político no que manifestou a súa total oposición á instalación dunha planta incineradora de lixo no Irixo, postura que levarán ao pleno municipal que previsiblemente se celebrará a vindeira semana. O portavoz socialista neste concello, Javier Rodríguez, celebra que por fin o Pleno municipal debata unha moción sobre o principal de tema de actualidade no Irixo dende hai moitos anos. Así, o edil socialista recolleu esta... Ler máis

Gómez: «O PP quere a incineradora en Ourense a toda costa»

O portavoz socialista na Deputación Provincial, José Ignacio Gómez, lamenta “a indecencia do Partido Popular, que o único que demostrou hoxe é que está a favor de que se instale na provincia de Ourense unha incineradora de lixo, e que o alcalde do Carballiño quixo lavarse a cara diante dos cidadáns cando viu a contestación social que tiña esta planta entre os seus veciños”. Explica que a moción debatida hoxe foi a única que aceptaron debater, xa que a que non... Ler máis

García: «O apoio do PP de Ourense á moción do PSdeG sobre a incineradora do Irixo deixa a Feijóo no mais absoluto dos ridículos»

O secretario de Organización do PSdeG, Pablo García, sinalou que o PP de Ourense deixou hoxe a Feijóo “no mais absoluto dos ridículos” ao apoiar a moción do PSdeG contra a instalación dunha incineradora no concello ourensán do Irixo, na comarca do Carballiño. Así, “o que Feijóo cualificaba onte de debate de segundo nivel, converteuse hoxe nun ridículo de primeira orde para o propio Feijóo”, apuntou García. Afirmou que “mentres Feijóo pretendía reducir... Ler máis

Seara pide ao Goberno que rexeite a instalación da incineradora no Irixo

A deputada socialista ourensá e vogal na Comisión de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do Congreso, Laura Seara, presentou unha pregunta oral dirixida ao Ministro Arias Cañete para que o Goberno aclare a súa posición respecto á instalación dunha incineradora no concello ourensano do Irixo. Con esta iniciativa, Seara pídelle ao Goberno «que rexeite a instalación desta incineradora -que procesará un terzo dos residuos de Galicia e só reciclará o 8%-, que pode... Ler máis

O PSdeG solicita formalmente o expediente sobre a construcción da incineradora do Irixo

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Carmen Gallego, anunciou que solicitará formalmente á Xunta toda a documentación do expediente da empresa Estela Eólica sobre a construción dunha incineradora no sur de Galicia. Así o dixo nun encontro coas plataformas en contra da incineradora que a Xunta quere instalar no concello ourensán de O Irixo. Os socialistas galegos comprometeron o seu apoio ás reivindicacións das plataformas de Dozón, O Irixo e Carballiño... Ler máis

A Xunta aprobou «leis á carta que dan barra libre» para a instalación da incineradora sur sen protección ambiental

A secretaria de Organización Provincial do PSdeG, María Quintas, denunciou que a Xunta aprobou unha serie de normas lexislativas que dan “barra libre” para a instalación da incineradora sen protección medioambiental, “leis á carta” para as que “curiosamente” a incineradora cumpre os requisitos e polas que é o propio conselleiro quen decide cal é a protección medioambiental. Quintas insistiu en que o Partido Socialista está radicalmente en contra da incineración... Ler máis

O PSdeG pide a demisión de Marnotes como deputado provincial por mentir respecto á incineradora sur

A secretaria de Organización Provincial do PSdeG, María Quintas, e o portavoz socialista na Deputación, José Ignacio Gómez, pediron hoxe en rolda de prensa a dimisión como deputado provincial do alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, “por ter mentido aos cidadáns e non respectar as institucións”. Gómez cualificou de “feito grave e sen precedentes” que por primeira vez en 20 anos o Presidente da Deputación se negue a debater unha moción socialista cun argumento... Ler máis

Verdes denuncia a «situación dramática e de completo abandono» do agro galego por parte do Goberno de Feijóo

A deputada Sonia Verdes denunciou hoxe en Ourense a “situación de completo abandono do agro galego” despois de case tres anos de goberno de Feijóo, que presenta “unha situación dramática” cunha profunda crise que afecta especialmente ás provincias do interior, polo recorte indiscriminado de axudas a gandeiros e agricultores e a paralización das políticas de dinamización do sector impulsadas polo anterior Goberno. Verdes valorou moi negativamente o nomeamento fronte... Ler máis

O PSdeG esixe na Deputación que Baltar e o PP se posicionen contra a incineradora do Irixo

O portavoz socialista na Deputación, José Ignacio Gómez Pérez, presentou a moción socialista rexistrada na Deputación contra a incineradora sur, para que depois da manifestación do pasado sábado, que foi “un clamor”, “Baltar e o PP se posicionen claramente a favor dos veciños”. O deputado lembrou a Baltar que sempre dixo que non apoiaría a incineradora no caso de haber rexeitamento por parte dos cidadáns. Un rexeitamento que o pasado sábado se viu plasmado... Ler máis

Os socialistas do Carballiño instarán á constitución da Comisión de Seguimento que velará pola paralización do proxecto da incineradora sur

A agrupación local do PSdeG-PSOE do Carballiño solicitará que este mesmo luns quede constituída a Comisión de Seguimento que velará pola paralización do proxecto de construción dunha incineradora no concello do Irixo. O obxecto desta urxencia é instar á Deputación a que convoque un Pleno este mesmo mes no que reconsidere a súa postura adoptada hai agora un mes. Este punto foi incorporado ó acordo da sesión plenaria celebrada este xoves no Carballiño a instancias... Ler máis