Sestayo: «A Xunta aplasta os dereitos dos dependentes empregando a Burocracia»

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, denunciou que a Xunta está a “aplastar” os dereitos dos dependentes empregando a burocracia “ata aburrilos”. Así o dixo no debate dunha moción para que a Xunta cumpra coa Lei de Dependencia e cumpra as resolucións e facilite o seguimento dos expedientes, que foi rexeitada polo PP. Sestayo advertiu que o Goberno galego obriga aos demandantes que soliciten as súas resolucións “ata en 20 ocasións”... Ler máis

Sestayo: «Levamos dous anos esperando polos datos da dependencia en Galicia»

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Beatriz Sestayo interveu hoxe na Comisión 5ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre o numero de persoas rexistradas dependentes no concello de Ourense. Alí dixo que non é o Partido Popular quen xestiona a dependencia en Galicia senón o Goberno da Xunta, e nese senso reclamou mais respecto para as institucións autonómicas. A portavoz de Políticas Sociais lembrou ademais que esta Lei foi aprobada... Ler máis

Sestayo: “Os expedientes de dependencia pendentes de resolución medraron nun 400% co goberno de Feijóo”

A parlamentaria do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, interpelaba hoxe á titular de Benestar Social e Traballo da Xunta, Beatriz Mato, sobre a demora da resolución dos expedientes de dependencia desde a primeira solicitude ata a posibilidade efectiva de recibir prestación. Trasladaba así ao Pleno da Cámara a “preocupación da sociedade, dun amplo sector que se atopa esperando en algún momento da fase do procedemento da resolución de dependencia” e que soporta uns... Ler máis

Pachi Vázquez propón un acordo entre os tres principais partidos para blindar a sanidade, educación e dependencia

O líder dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, propúxolle a Feijóo un acordo entre os tres principais partidos políticos galegos para “blindar os servizos públicos básicos”. Así o dixo logo de advertir que o recorte dun mínimo de 16.500 millóns de euros anunciado por Rajoy suporá “restar entre 800 e 1.000 millóns en tódalas administracións galegas”. Pachi Vázquez reclamou unha mesa de traballo a tres bandas “para blindar os servizos públicos básicos”... Ler máis

Sestayo advirte que a Xunta ten retidos os pagos da dependencia correspondentes a dez meses

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Beatriz Sestayo, acusou hoxe á Xunta de ter retidos os pagos da dependencia correspondentes a dez meses. A parlamentaria socialista lembroulle á conselleira de Benestar que “ten a obriga de transferir as partidas de Dependencia cada mes, tal e como fai o Estado”. Sestayo cualificou hoxe de “insulto á intelixencia” o anuncio feito hoxe pola conselleira de pagar as axudas trimestralmente.... Ler máis

O goberno de Feijoo “maltrata e atranca aos dependentes galegos”

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Beatriz Sestayo interveu hoxe na Comisión 5ª do Parlamento para reclamar mediante unha proposición ao Goberno de Feijoo poñer as medidas axeitadas para que a Lei de promoción da autonomía persoal se cumpra nos seus propios termos. Tamén reclamou asegurar que os/as solicitantes de dereitos, servizos e prestacións derivados da lei os reciban conforme ao solicitado nas condicións previstas na mesma. E... Ler máis

O fracaso da xestión da Xunta fai que Galicia sexa a autonomía con máis dependentes desatendidos

A portavoz de Xustiza e Políticas Sociais do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, denunciou que o “fracaso e falla de vontade política” da Xunta provocou que Galicia sexa a autonomía con mais dependentes desatendidos do Estado. Sestayo presentou hoxe unha Proposición non de Lei na que reclama un plan de choque para garantir o cumprimento da Lei de Dependencia. Sestayo dixo que, de acordo cos datos do Goberno de España, Galicia aumentou de novo o número de dependentes... Ler máis

Cualifican os datos de atención á dependencia de “ocorrencia” e “insulto aos máis de 43.000 dependentes en espera”

A portavoz de Políticas Sociais e Xustiza do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Beatriz Sestayo, dixo que os datos de atención á dependencia ofrecidos pola conselleira de Traballo e Benestar constitúen un “insulto aos máis de 43.000 galegos dependentes que están en espera. Esixiu á conselleira que compareza no Parlamento e fale “con rigor” dos datos de dependencia. Sestayo sinalou que a conselleira “levántase cada semana cunha ocorrencia nova, e a... Ler máis

O PSdeG esixe a dimisión conselleira de Traballo e Benestar polo gravísimo deterioro da dependencia en Galicia

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Parlamentario do PSdeG Beatriz Sestayo esixiu a dimisión, ou que sexa destituída, a Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, pola súa incapacidade política e polo gravísimo deterioro para xestionar a dependencia en Galicia. Dixo que a nosa Comunidade ten cifras históricas de desatención a dependentes, e aseverou que hai esperando por unha prestación 41.250 dependentes. Advirte que se atopan nunha situación de vulnerabilidade... Ler máis

Sestayo denuncia o uso de “prácticas coercitivas” dende a consellería de Benestar

A portavoz de Xustiza e Políticas Sociais do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Beatriz Sestayo, denunciou o uso de “prácticas coercitivas” dende a consellería de Benestar para a formación de coidadores e coidadoras de persoas dependentes. Sestayo presentou unha pregunta oral na que denunciou que a Xunta “quere provocar baixas nas axudas á Dependencia”. A parlamentaria socialista denunciou as “ameazas” formuladas dende a Consellería para coidadores... Ler máis