A Xunta provocou o incremento dos abortos en Galicia nun 70 por cento ao impedir a aplicación da Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva
Carmen Cajide reclama un informe sobre as medidas de educación sexual e acceso a métodos anticonceptivos A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Cajide, dixo que a Xunta ten provocado un incremento do 70 por cento dos abortos en Galicia entre 2008 e 2010 ao impedir a aplicación da Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva. No debate dunha pregunta oral na Comisión de Sanidade, advertiu que no mesmo período no resto do Estado o número de abortos baixaba un 2,4 por cento. A... Ler máis
O PP vai “contra os dereitos das mulleres” ao votar contra o mantemento da pílula do día despois sen receita
Carmen Cajide sinala que Galicia ten competencias suficientes para manter o actual sistema recomendado pola OMS e a Sociedade Española de Xinecoloxía e Obstetricia A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Cajide, acusou hoxe ao PP de ir “contra os dereitos das mulleres” ao votar contra unha proposta socialista para manter o sistema de pílula do día despois en farmacia sen receita. Así o dixo nun debate hoxe na Comisión de Sanidade logo de que a ministra de... Ler máis
Cajide reclama a Medio Rural e Mar orzamentos sensibles á perspectiva de xénero
A parlamentaria do Grupo Socialista, Carmen Cajide, ven de formular en Comisión unha pregunta interesándose polo orzamento que destina a Consellería do Medio Rural e do Mar para dar cumprimento ao principio de transversalidade recollido na Ley Orgánica 3/2007 para a igualdade efectiva entre mulleres e homes. Interesouse tamén Cajide Hervés polas accións concretas previstas no orzamento da Xunta de Galicia para o ano 2012 pola Consellería do Medio Rural e do Mar para contribuír... Ler máis
As mulleres viven momentos moi duros polos ataques aos seus dereitos nas políticas do PP
A portavoz de Igualdade do PSdeG-PSOE Carmen Cajide interveu na Comisión 1ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre o orzamento que destina a Consellería de Presidencia para dar cumprimento ao principio de transversalidade recollido na Ley Orgánica 3/2007 para la igualdad efecetiva entre mujeres y hombres. Carmen Cajide cualificou de “momentos duros e moi tristes os que viven hoxe as mulleres de Galicia”, por mor dos ataques directos aos dereitos ás mulleres... Ler máis
Modificar a Lei de Eleccións ao Parlamento permitirá unha presenza equilibrada de homes e mulleres
A portavoz de Igualdade do PSdeG-PSOE Carmen Cajide anunciou en hoxe en rolda de prensa que o Grupo Parlamentario Socialista propoñerá nas propostas de resolución do Debate do Estado da Autonomía se modifique da Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó Parlamento de Galicia, para facer efectivo o principio de igualdade de condicións na participación política, as candidaturas electorais, que deberán ter unha presenza equilibrada de homes e mulleres. Sinala ademais... Ler máis
Feijoo actúa ao dictado das asociacións ultra-dereitistas que xestionan a Red Madre
A portavoz de Igualdade do PSdeG-PSOE Carmen Cajide interveu hoxe na Comisión 5ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre a concesión de axudas e subvencións a entidades de iniciativa social sen animo de lucro destinadas a mulleres e recursos integrais para xestantes e lactantes. Na súa intervención explicou que estas axudas están destinadas ao mantemento de centros de atención especializada para mulleres, os recursos específicos para xestantes e lactantes con... Ler máis
Cajide reclama a Feijóo que presente o VI Plan de Igualdade e advirte que a taxa de paro feminino subiu o 44%
A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Cajide, reclama á Xunta que cumpra cos seus compromisos acadados no pasado debate do Estado da Autonomía presentando no Parlamento o VI Plan Galego de Igualdade para os Homes e as Mulleres. Instou ao PP a que “supere vellos prexuízos contra a igualdade” e apoiara a proposta socialista debatida hoxe no Pleno. Cajide defendeu unha Proposición non de Lei para que o Goberno galego remita á Cámara, no prazo dun mes, o VI... Ler máis
A Xunta debe presentar o VI Plan Galego de Igualdade
A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Cajide, reclama á Xunta que cumpra cos seus compromisos acadados no pasado debate do Estado da Autonomía presentando no Parlamento o VI Plan Galego de Igualdade para os Homes e as Mulleres. Instou ao PP a que “supere vellos prexuízos contra a igualdade” e apoie esta proposta socialista no próximo Pleno. Cajide presentará, na sesión plenaria que terá lugar esta semana, unha Proposición non de Lei para que o Goberno... Ler máis
Cajide: «As trabas da Xunta á Lei de Saúde Sexual e Reproductiva aumentou un 70 por cento os abortos»
A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Cajide, advertiu hoxe que as trabas impostas pola Xunta á Lei de Saúde Sexual provocou que os abortos aumentaran en Galicia un 77 por cento entre 2008 e 2010. Nunha pregunta oral no Pleno que se celebrou hoxe, advertiu que no mesmo período os abortos diminuíron no resto do Estado un 2,4 por cento. Cajide criticou que a Xunta leve tres anos “lexislando contra dos dereitos das mulleres, desmantelando as infraestruturas de... Ler máis
Rolda de contactos para evitar «o retroceso de 30 anos» que supón a reforma da Lei de IVE
A secretaria de Igualdade do PSdeG, Laura Seara, e a portavoz desta área no Grupo Parlamentario dos Socialistas Galegos, Carmen Cajide, anunciaron hoxe o inicio dunha rolda de contactos con asociacións de mulleres, organizacións sanitarias, sindicatos e forzas políticas para evitar que o Goberno central modifique a actual Lei de Saúde Sexual e Reproductiva e Interrupción Voluntaria do Embarazo; sen descartar as mobilización para evitar “un paso atrás desta magnitude”.... Ler máis








