Suxirelle ao ministro Cañete a necesidade de fortalecer os mecanismos de control e a transparencia informativa na xestión dos fondos públicos

Suxirelle ao ministro Cañete a necesidade de fortalecer os mecanismos de control e a transparencia informativa na xestión dos fondos públicos

Suxirelle ao ministro Cañete a necesidade de fortalecer os mecanismos de control e a transparencia informativa na xestión dos fondos públicos

O Ministro confirma que xa se devolveron ás arcas públicas os 51.900 do proxecto da planta de biomasa e o senador socialista subliña que é "un mal sinal para os cidadáns" que se oculte información e que Rogelio Martínez se manteña no seu cargo

O senador socialista por Ourense, Miguel Fidalgo, suxeriu esta tarde ao Ministro de Agricultura, Alimentación e Medio, Miguel Arias Cañete, a necesidade de fortalecer os mecanismos de control e a transparencia informativa na xestión dos fondos públicos.

Fidalgo denunciou a opacidade administrativa, o entorpecemento no acceso aos rexistros e subliñou que é inexplicable que non se poida dispoñer de información concreta sobre o destino do diñeiro público. O parlamentario do PSOE interveu na Comisión de Agricultura, Pesca e Alimentación e dirixiuse ao Ministro Arias Cañete para preguntarlle polas empresas beneficiadas por subvencións ou axudas con cargo aos programas europeos de desenvolvemento rural en Ourense. Neste punto, o dirixente popular afirmou que se trataba dunha cuestión da Comunidade Autónoma de Galicia e que non era competencia do Goberno central.

Miguel Fidalgo tamén se interesou polas irregularidades na xestión de programas de desenvolvemento rural en Galicia e sobre a devolución dos fondos do programa Leader da UE cuxo gasto non foi xustificado polo grupo de acción local CEIVAM encargado da súa xestión.

Fidalgo recordou que o citado grupo estivo presidido polo Delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, que foi denunciado como presunto autor de fraude, falsidade documental e malversación de fondos públicos europeos por valor de 51.900 euros destinados, en principio, á construción dunha planta de biomasa e de diversos talleres artesáns. Tamén apuntou que é "un mal sinal para os cidadáns" que se oculte información e que un dirixente como o propio Martínez, pendente de ser procesado, se manteña no seu cargo. Na súa quenda de resposta, Miguel Arias Cañete confirmou que estes fondos xa foran reintegrados ás arcas públicas.

O senador socialista concluíu insistindo en que o Goberno ten que aprender destas cuestións e estudar medidas para que non haxa "zonas escuras" en calquera procedemento de gasto público. "Tense que saber quen recibe o diñeiro e comprobar que se destina a ese uso. É a mellor vacina para que non se repitan este tipo de casos", apostilou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar