Suprimido "de tapadillo" un dos dous médicos asignados a Soutelo de Montes

Suprimido "de tapadillo" un dos dous médicos asignados a Soutelo de Montes

Suprimido “de tapadillo” un dos dous médicos asignados a Soutelo de Montes

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, denunciou hoxe a supresión “de tapadillo” dun dos dous médicos que deberan traballar no centro de saúde de Soutelo de Montes. O responsable socialista dixo que o goberno galego “non se atreveu a suprimir a praza polas protestas veciñais e agora a eliminan ás agochadas”, deixando sen atender o servizo.

Lembrou así a mobilización social en contra da supresión dunha praza necesaria para este Concello, que levou á Xunta a “recuar” da súa intención inicial, o que non impediu que agora “intenten reducir o servizo a base de desatendelo”. Sinala que a ratio de persoal establecida polo goberno galego é incumprida neste concello, onde están a levar adiante unha diminución real do servizo fronte ao deseño feito “no despacho”.

O deputado socialista acusou á Xunta de “utilizar argumentos falaces” para deseñar a atención sanitaria, xa que ao impedir a reposición ou substitución de médicos o que fan é deturpar as ratios deseñadas, sobrecargando aos médicos e polo tanto empeorando a atención sanitaria.

Torrado explicou que “os recentes meses de verán amosaron, unha vez máis, os problemas de persoal en torno a este centro de saúde de Soutelo, coa supresión dun facultativo dos que atendía á veciñanza, evidenciando a ampla pasividade da Xunta para resolver a situación”.

Acusa á Xunta de “relativizar” os problemas na atención sanitaria aos veciños de Soutelo, cando en respostas a preguntas parlamentarias “sinalan a existencia de dous profesionais, cando só un atendeu durante estes últimos tempos”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar