Supresión dunha das dúas prazas de enfermería pediátrica de Xinzo

Supresión dunha das dúas prazas de enfermería pediátrica de Xinzo

Supresión dunha das dúas prazas de enfermería pediátrica de Xinzo

enfermeiraA deputada socialista Noela Blanco vén de presentar no Parlamento unha iniciativa sobre a supresión dunha das dúas prazas de enfermería pediátrica do Centro de Saúde de Xinzo dende o pasado 13 de novembro. Da continuidade na Cámara autonómica á campaña dos socialistas da provincia en defensa deste servizo, que a pasada semana presentaron máis de 1.800 sinaturas no rexistro do Hospital de Ourense.

A deputada socialista cualifica de “vergonzante” que o presidente da Xunta “presuma de ser ourensán cando hai campaña electoral, pero despois non lle treme o pulso cando destrúe os servizos públicos básicos no rural”. Advirte que esta decisión “arbitraria, inxusta e innecesaria” reduce á metade as enfermeiras que atenden a preto de 1.500 nenos e nenas en toda a comarca.

Lembra que as funcións de enfermería pediátrica son “fundamentais” no eido da atención primaria, cumprindo un papel “que vai moito máis aló das revisións segundo os protocolos ou a administración de vacinas”. Blanco sinala que estas profesionais “coñecen á familia que rodea aos pequenos e ofrecen apoio en situacións de dificultades ou alteracións do funcionamento familiar normal e asesoramento no seu coidado.

Critica que o goberno galego está a provocar “sobrecarga de traballo da única enfermeira que permanecería no servizo” a través “dunha medida máis dirixida a eliminar servizos básicos no medio rural”, o que dificulta a fixación de poboación nestas zonas e mesmo “resulta temeraria de cara ao necesario compromiso co impulso á demografía”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar