O Supremo ratifica a condena contra o presidente do Consultivo por alterar as condicións dos seus traballadores

O Supremo ratifica a condena contra o presidente do Consultivo por alterar as condicións dos seus traballadores

O Supremo ratifica a condena contra o presidente do Consultivo por alterar as condicións dos seus traballadores

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, reclamou hoxe a dimisión do presidente do Consello Consultivo de Galicia logo de que o Tribunal Supremo ratificara, nunha sentenza do 15 de marzo, a condena ao órgano por alterar as condicións do persoal do órgano. Lembra ademais que continúa a ser investigado por tráfico de influencias.

A responsable socialista urxe a Costa Pillado que cese no seu cargo “polo dano que lle está a facer ao prestixio, obxectividade e independencia do órgano” quen fora nomeado polo presidente da Xunta hai case catro anos co obxectivo de facer deste órgano asesor o “faro potente que iluminaría as tarefas da administración autonómica”.

Lamenta que quen asumira o seu cargo co compromiso de “prudencia, ilusión, imparcialidade e austeridade” decidiu “incumprir todos e cada un dos seus obxectivos tamén con relación aos propios traballadores da institución, que están a ser laminados dende que comezara o seu mandato”.

Apelou así ao “reparto arbitrario do traballo”, mesmo coa conivencia do goberno galego, que modificara a Lei do Consello a través da Lei de Acompañamento de 2016 para “permitirlle nomear a dedo aos letrados e quitar do medio aos que lle sexan incómodos”.

Esta actuación vén de recibir un “varapau” por parte do Tribunal Supremo, que confirmou a sentenza do xulgado do Contencioso – Administrativo de Santiago de Compostela, que en xaneiro de 2017 condenara ao Consello Consultivo por alterar as condicións laborais do persoal do órgano de forma “torpe e inxustificada”.

Vilán advirte que esta sentenza supón tamén un importante “varapau” para a Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, que foi “encargada de presentar o recurso perante o Tribunal Supremo”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar