Suprema indiferenza de Feijóo cos enfermos de hepatite C

Suprema indiferenza de Feijóo cos enfermos de hepatite C

Suprema indiferenza de Feijóo cos enfermos de hepatite C

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, criticou hoxe a “falla de empatía” do presidente da Xunta co sufrimento dos enfermos de Hepatite C que faleceron mentres agardaban por que o Sergas desbloqueara o tratamento aprobado polos seus médicos. Na sesión de control ao presidente no Parlamento, o responsable socialista reclamou “responsabilidade por acción ou omisión” no caso denunciado pola Fiscalía.

Méndez Romeu reclamoulle ao presidente da Xunta “asumir erros, pedir desculpas e modificar esta política” que evidencia as “consecuencias negativas cando priman os criterios contables sobre as necesidades das persoas”. Reiterou hoxe, diante do presidente da Xunta, que “poderán manipular os datos, pero hai a lo menos seis persoas mortas ás que cando menos hai que dar explicacións” da actuación do goberno.

Chegou a responsabilizar ao presidente da Xunta dun suceso que “se non foi a pero é mérito do novo ministro de Sanidade, que puxo os recursos e as decisións nas mans dos profesionais, e dende ese momento non houbo mortos”. “Cando dependeu de vostede –apostillou- houbo estes casos, e cando entrou en vigor o Plan Nacional rematouse”.

Aludiu así ao auto contra dous altos cargos do goberno galego que apunta un posible “homicidio involuntario por imprudencia profesional grave e prevaricación por incumprir as normas da Comisión” que analizaba os casos. Un órgano, engadiu, que, de acordo coa Fiscalía, tivo unha actuación cando menos difícil de explicar.

Dixo que, como sinala a propia Fiscalía, a Comisión está “subordinada a decisións administrativas”, rexistrou “retrasos inxustificados, dilatación de decisións, alteración dos mecanismos de contratación e financiamento, fraccionamento de contratos en outros menores dificultando os pagos e mesmo ordenaron biopsias hepáticas, unhas probas de alto risco que non se fixeron en ningunha outra Comunidade Autónoma”.

Suprema indiferenza

Engadiu que mentres o presidente da Xunta exercía a súa “suprema indiferenza” ao presumir do control do déficit e das “políticas que destrúen ás persoas”, en Galicia “no ano 14 o problema era debatido e votado en contra por vostedes e había doentes que quedaban sen tratamento, algo propio de países terceiromundistas”.

Aludiu deste xeito á conferencia que ofrecía o presidente da Xunta “nun hotel de luxo en Madrid, diante dos seus e da xente rica” ao tempo que o xuíz abría dilixencias logo dun “abrumador informe” da Fiscalía sobre o trato aos enfermos de hepatite C. Acusou a Feijóo de non ter lido un informe que fai un “relato minucioso da cadea de actos que impediron o tratamento adecuado, e se non provocaron, cando menos acentuaron o curso fatal da enfermidade”.

Criticou a frialdade do presidente da Xunta diante das vítimas, e citou expresamente a Jesús, que agardou 5 meses por un tratamento prescrito polos seus médicos “que nunca chegou”, María, que agardou outros 7 meses, Isolina, Félix, José Ramón ou José Emilio, uns casos nos que os médicos “pediron, reiteraron e soportaron día a día a mirada implorante dos seus enfermos”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar