Superar da man de Paco Reyes o experimento fallido do PP en Santiago

Superar da man de Paco Reyes o experimento fallido do PP en Santiago

Superar da man de Paco Reyes o experimento fallido do PP en Santiago

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, dixo hoxe que “é hora de superar o experimento fallido do PP en Santiago e volver a facer da cidade o referente social, urbanístico e sociocultural que era cos socialistas. O líder dos socialistas galegos interveu nun mitin xunto co candidato socialista á alcaldía, Paco Reyes.

Besteiro contrapuxo ao Santiago que medrou, desenvolveuse e acadou a súa grandeza cos alcaldes socialistas, aquel “no que se recoñecen os composteláns”, co gobernado polo “tridente Conde Roa, Currás e Hernández, que non fixeron mais que meterlle goles en propia meta aos composteláns”. Os alcaldes do PP, dixo, fixeron “o que parecía imposible: paralizar á capital de Galicia durante catro anos”.

Pediulle por iso a Feijóo que aclare se “cando pide estabilidade fala de que as cidades teñan tres alcaldes en catro anos”, nos que foi o concello mais inestable de Galicia, que foi “abandonado” polo PP e perdeu unha lexislatura.

Hoxe, engadiu, os socialistas galegos “somos a única forza que non presenta un paracaidista”, porque Paco Reyes, explicou, é “un veciño de Santiago que se ten que enfrontar a un ex deputado do PP por Pontevedra que tivo que deixar á forza unha Consellería, e tamén ao actual alcalde de Teo, que pretende selo tamén se Santiago”.

Experimentos

Sinalou que a capital de Galicia “non se pode permitir outros catro anos de experimentos” e engadiu que “tampouco creo que a alternativa a esa inestabilidade sexa unha candidatura experimental liderada polo alcalde dun concello limítrofe”. O líder dos socialistas galegos advertiu que “a estas eleccións hai que presentarse con algunha garantía máis que estar en contra de algo”.

Gómez Besteiro propuxo “reactivar e renovar o modelo de cidade que funcionaba e que se truncou en 2011”, e engadiu que os socialistas “somos a única forza capaz de devolverlle a Santiago o rumbo e a autoestima”. Un rumbo, engadiu, “baseado na solvencia e na estabilidade que tivo durante os 27 anos anteriores ao tridente Conde Roa, Currás e Hernández”.

Dixo que “co PSdeG, Santiago converteuse en Patrimonio da Humanidade, e co PP en Patrimonio da Inestabilidade”. Lembrou que foron os alcaldes socialistas os que fixeron de Santiago, como sucedeu con Lugo, dúas cidades Patrimonio da Humanidade, fronte á xestión dos alcaldes do PP en Ferrol e mesmo na capital galega, cos que “perderon poboación, perderon autoestima, perderon o tempo”.

O responsable socialista anunciou que co goberno de Paco Reyes “retomaremos proxectos vitais que comezamos os socialistas e o PP esqueceu mentres cambiaba de alcalde”. Sinalou as propostas de “facer da Sionlla un parque empresarial loxístico de referencia ou retomar o proxecto de estación intermodal, para reconfigurar o tráfico de pasaxeiros por bus e ferrocarril na cidade”.

Pragas

O líder dos socialistas galegos presentou hoxe dúas pragas máis consecuencia da xestión de Feijóo, que son a pobreza e o incremento da débeda. Besteiro explicou en primeiro lugar que o aumento da pobreza é consecuencia directa das políticas de austeridade da dereita en Galicia, xa que “con Feijóo e o PP pasamos de ter que preocuparnos polo paro a preocuparnos directamente do aumento da pobreza”.

Lembrou que, como consecuencia destas políticas, hoxe hai en Galicia 95.000 familias con tódolos seus membros en paro e que non chegan a fin de mes, ademais de 80.000 nenos e nenas en risco de exlvusión social e material, segundo os datos de Unicef, e que fan da pobreza infantil un problema de primeira orde.

Outra das dez pragas que asolan Galicia como consecuencia directa do goberno de Feijóo é o aumento da débeda pública, un recurso utilizado para costear gasto público e non para facer os investimentos necesarios e que limita a capacidade de manobra dos próximos gobernos.

Feijóo triplicou a débeda pública galega dende a súa chegada ao goberno, pasando de supor o 6,8 por cento do PIB co goberno de Touriño ata o 14,4 por cento na actualidade, e que non é utilizada pra propiciar o crecemento económico e a mellora das condicións de vida dos galegos e galegas fai de Feijóo “un perigo para o sector público”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar