Sumámonos ás mobilizacións deste domingo por un emprego e salario dignos

Sumámonos ás mobilizacións deste domingo por un emprego e salario dignos

Sumámonos ás mobilizacións deste domingo por un emprego e salario dignos

Os socialistas sumaranse este domingo ás mobilizacións convocadas en varias localidades galegas polos sindicatos UGT e CCOO para reivindicar uns salarios e emprego dignos. Cargos institucionais e orgánicos do partido participarán nestas concentracións para visibilizar o problema dun “crecemento desigual e inxusto”.

Pilar Cancela, presidenta da xestora do PsdeG, que estará na manifestación de Santiago, critica a “inacción do goberno” e unha lexislación laboral que xenera unha situación “dramática para moitos desempregados e traballadores e traballadoras pobres”, vítimas da “precariedade laboral, e da perda de poder adquisitivo e de protección”.

A socialista chama a sumarse a esta convocatoria como protesta anteo “encarecemento da vida” e a “suba alarmante dos subministros de servizos básicos como a auga, o gas ou a electricidade”, o que xenera que moita xente non teña acceso a eles ou viva en condicións de alarma social, o que sumado aos recortes nos servizos públicos e o fomento dos privados nos leva á construcción dun modelo de sociedade no que a dereita “camiña cara unha desigualdade cada vez maior”.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar