Submisión de Feijóo a un límite de déficit inxusto, insolidario e prexudicial para Galicia

Submisión de Feijóo a un límite de déficit inxusto, insolidario e prexudicial para Galicia

Submisión de Feijóo a un límite de déficit inxusto, insolidario e prexudicial para Galicia

Juan Carlos González SantínO portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, denunciou hoxe a postura “submisa” acatada pola Xunta de Galicia no último Consello de Política Fiscal e Financeira. Advertiu que o límite único do 0,3 por cento de déficit para tódalas comunidades autónomas, fronte ao 2,5 por cento do Estado, resulta inxusto, insolidario e prexudicial para Galicia.

O responsable socialista lembrou que o resultado do CPFF “non é bo para Galicia”, que logo de seis anos de recortes ten que asumir o mesmo límite de déficit do 0,3 por cento que o resto das comunidades autónomas. Criticou que Galicia se teña situado xunto coas autonomías do PP –ademais de Ceuta e Melilla- que aprobaron os plans de Montoro e non coas 10 críticas que rexeitaron os plantexamentos do goberno.

Advertiu que o goberno aplica un límite de débeda desigual para as comunidades autónomas e, polo contrario, un déficit unitario independentemente dos recortes xa impostos, o que “prexudica claramente a Galicia”. Por moito que esta Comunidade Autónoma poida aumentar o teito de gasto, dixo, iso non resolve nada se a Xunta “non é quen de executar o cen por cen dos orzamentos que planifica”.

Os servizos sociais, a sanidade e a educación, competencias exercidas polas comunidades autónomas, serán os principais damnificados do límite de déficit, do 0,3 para 2016, 0,1 para 2017 e 0,0 para 2018. Mentres, o goberno, que non ten competencias nas materias sociais, terá un folgado límite de déficit do 2,5 por cento, unha lóxica “dificilmente comprensible”, dixo González Santín.

Ademais, o límite de débeda previsto para o período entre 2016 e 2018, que baixará dende o 18,1 do primeiro ano ao 17,9 de 2017 e o 17 por cento de 2018, evidencia que “tódolos recortes aplicados nos servizos sociais non se teñen en conta” polo goberno central e aboca a novas restricións.

Galicia obtivo uns insuficientes 413 millóns de euros que “non son mais financiamento, son liquidacións, entregas a conta” polo axuste financeiro do ano 2014 e, ademais, por debaixo dos 600 millóns que lle corresponderían. Criticou que os recortes “non teñen ningún valor” para o goberno central, que utiliza o sistema de financiamento “para financiar a súa rebaixa fiscal”.

Advertiu que estes fondos non serán destinados a mellorar os servizos sociais xa malparados por seis anos de recortes radicais aplicados polo goberno de Feijóo, senón para afrontar unha débeda que aumentou en mais de 6.000 millóns de euros dende a súa toma de posesión en 2009.

Juan Carlos González Santín considerou este reparto claramente inxusto para Galicia, que aumenta un 6,53 por cento o que recibe do sistema de financiamento, mentres Cataluña, que recibe mais de 1.800 millóns, recibe un 12 por cento mais, e Valencia, con case 1.000 millóns, recibe un 11,79 por cento mais que o ano anterior.

Sinala que os galegos e galegas “non podemos estar para nada contentos” cun sistema que castiga a unha das comunidades autónomas que mais está a sufrir os recortes sociais da dereita, e que conta cun PIB de 19.954 euros por habitante, por debaixo dos 22.780 do Estado, co que “os recortes van no seuntido contrario da converxercia co resto do Estdo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar