Sonia Verdes di que o PP esta enganando e utilizando aos veciños de Vilalba

Sonia Verdes di que o PP esta enganando e utilizando aos veciños de Vilalba

Sonia Verdes di que o PP esta enganando e utilizando aos veciños de Vilalba

A portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario Socialista Sonia Verdes interveu na Comisión 7ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre o proxecto de ampliación do cemiterio parroquial de San Lorenzo de Árbol, no concello de Vilalba. Alí a Xunta confirmou a deputada que non hai ningunha xestión feita sobre este asunto, sen ningún prazo, nin vontade para resolver o problema.

A voceira socialista denuncia que a única xestión que ten feito o Concello de Vilalba é unha solicitude dirixida á Consellería de Medio Rural para a ampliación do uso da parcela 1412 para, di textualmente “poder adicala a campo da festa, aparcadoiro e así poder ampliar o cemiterio parroquial”. A parlamentaria asegura que esta petición non sirve para que os veciños/as de Arbol poidan proceder á ampliación do cemiterio parroquial.

Explica que segundo o Decreto 134/1998 de 23 de Abril sobre policía sanitaria mortuoria, esixe por que o Arcebispado ostente a titularidade da parcela para que esta sexa cemiterio parroquial, da confesión católica, definindo como cemiterios confesionais aqueles cuxa entidade propietaria é unha confesión ou organización relixiosa, neste caso o Bispado Mondoñedo-Ferrol.

Así as cousas advirte que a propia Lei do Banco de terras no seu artigo 19.3. a) establece que “o prazo de vixencia da cesión, que non poderá ser superior aos 30 anos”, no caso de cesións dos predios integrantes do Banco de terras de Galicia.

Verdes afirma as xestións do Concello de Vilalba deberán ir encamiñadas a demandar do Goberno Galego a proceder á adxudicación directa da parcela ao Concello, para despois previa segregación, ceda ao Arzobispado en propiedade a porción que vai adicarse a cemiterio, reservando o resto da parcela para o seu uso como aparcadoiro, campo da festa e para servicios do cemiterio.

A maiores argumenta que este mesmo “é o que establece a Lei do Banco de Terras que no seu artigo 5 . 2 letra h” , no di que: “os bens e dereitos incorporados ao Banco de Terras terán os seguintes destinos:

h) incorporación ao patrimonio público por conveniencia ambiental, declarada polo órgano competente en materia de medio ambiente, ou por outros motivos de interese social determinado”, e que neste caso sería a ampliación do cemiterio parroquial. E denuncia que solicitude de ampliación de uso solicitada polo Concello de Vilalba diante da Consellería do Medio Rural non sirve.

A deputada vilalbesa di que “o PP en Vilalba están enganando aos veciños/as da parroquia de Arbol, xa que non lles importa utilizalos por un puñado de votos e xogar coa sensibilidade da xente, nun tema tan sensible como é en Galicia ter un nicho, unha sepultura para enterrar aos seus”, replicou.

Verdes denuncia que o Goberno de Feijoo aínda non remitiu o expediente tal como solicitou o Grupo Parlamentario do PSdeG, dende o pasado día 22 de febreiro, ao abeiro do Artigo 9 do Regulamento da Cámara.

Queixa pola non comparecencia

Na citada comisión Verdes tomou a palabra para amosar o seu malestar e as súas queixas pola non comparecencia do Director Xeral de Montes para explicar os incendios forestais en Galicia. A deputada reclamou que se respecte o traballo dos deputados na Cámara e criticou o “ninguneo constante do Goberno de Feijoo ao Parlamento”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar