Soneira valora os acordos acadados na UE sobre TACs e cotas pesqueiras

Soneira valora os acordos acadados na UE sobre TACs e cotas pesqueiras

Soneira valora os acordos acadados na UE sobre TACs e cotas pesqueiras

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos socialistas galegos, Marisol Soneira, valorou hoxe os acordos acadados sobre TACS e cotas pesqueiras a pasada noite nunha xuntanza de ministros de Pesca da UE.

A deputada socialista sinalou que estes acordos “corrixen o tremendo erro que a comisaria Maria Damanaki cometeu o pasado ano, cun recorte brutal nas cotas de especies como o lirio, clave para a nosa flota galega”.

Por elo, destacou o “gran traballo realizado pola delegación española en todo este proceso” e que onte se concretou “cun aumento das cotas españolas de bacaladilla, rape, pescada e gallo”.

Así, a cota de rape aumenta un 110 por cento, a de pescada sur un 15 por cento por segundo ano consecutivo, e a de gallo un 11 por cento, todas elas especies que se pescan nas augas do cantábrico e Galicia.

O acordo tamén permitirá a ampliación no vindeiro ano da cota de bacaladilla nun 800 por cento, e será próxima a 17.000 toneladas, fronte ás 2.124 de 2011, tras unha drástica reducción. Ademais incrementarase ata o 10 por cento a cota de anchoa.

Os aumentos son posibles grazas á mellor situación biolóxica xeralizada das principais especies, resultado “dunha xestión responsable dos caladoiros e de moitos meses de traballo e xestións do ministerio”, destacou Soneira, e supón “mellorar substancialmente as cotas inicialmente propostas pola UE, co cal é unha boa noticia para a nosa flota”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar