Soneira tilda á Consellería do Mar de “tahúres políticos” por incumprir o acordo para garantir a pensión das mariscadoras

Soneira tilda á Consellería do Mar de “tahúres políticos” por incumprir o acordo para garantir a pensión das mariscadoras

Soneira tilda á Consellería do Mar de “tahúres políticos” por incumprir o acordo para garantir a pensión das mariscadoras

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Marisol Soneira, criticou que a Consellería do Mar tense comportado “como tahúres políticos” ao desdicir acordos co sector marisqueiro para regularizar as pensións das mariscadoras a pé. Soneira preguntou na Comisión de Pesca polas medidas adoptadas pola Xunta diante destas traballadoras que non poden acceder á pensión.

Soneira criticou hoxe o “lamentable e bochornoso espectáculo” ofrecido pola Consellería ao comprometer a restitución das pensións cos sindicatos e organizacións de mariscadoras para logo “negarlle a posibilidade de acordo tan só unha semana despois”. Criticou que “polo camiño dixeron logo que si, logo que non, logo meter ao presidente da Xunta polo medio, mentres a conselleira dicía unha cousa e logo outra”.

Criticou que a Xunta retirara o Plan de pensións para as mariscadoras cualificándoas de “privilexiadas” cando a realidade é que aquelas que superan os 65 anos obríganse a deixar o marisqueo, e se levaban menos de 15 anos cotizados non poden acceder a pensións contributivas e perden o período cotizado.

Salientou a necesidade desta pensión de 557 euros “para as mariscadoras que, cumpridos os 65 anos, necesitan seguir cotizando ao Réxime Especial do Mar para completar o período mínimo que da dereito a unha pensión contributiva da Seguridade Social”.

Sinalou que a obrigatoriedade de cotizar á Seguridade Social para poder acceder a un Permex de marisqueo a pé está en vigor dende o ano 2000, o que fixo necesario corrixir as normas e recoñecer a actividade dentro do Réxime Especial do Mar. Esta data de inicio impide que as mulleres de mais de 50 anos que nunca cotizaran puideran xubilarse aos 65 anos.

Alta na Seguridade Social

Advertiu tamén que mentres a Xunta ofrecía a posibilidade de que estas traballadoras se deran de alta na Seguridade Social para poder acceder ás pensións a realidade é que “lles custa moitísimo pagar a cota”, mentres “no momento en que se dan de alta deixan de ter dereito a unha Pensión non Contributiva” empeorando aínda mais a súa situación.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar