Soneira sinala que a consellería do Mar deixou sen executar o 70 por cento do seu orzamento

Soneira sinala que a consellería do Mar deixou sen executar o 70 por cento do seu orzamento

Soneira sinala que a consellería do Mar deixou sen executar o 70 por cento do seu orzamento

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Marisol Soneira, advertiu hoxe que a Consellería do Mar deixou sen executar o 70 por cento do orzamento dispoñible no ano pasado. Este “desastre de xestión” supón que deixou sen pagar os complementos das cotas para as mariscadoras de máis de 65 anos nin as xubilacións anticipadas, entre outras, e pon en risco os fondos comunitarios.

Soneira considera “difícil atopar un equipo que o faga peor” que o dirixido por Rosa Quintana, que a 30 de setembro de 2011 só acadou un nivel de execución do 29,37 por cento dos 316 millóns de que dispón. Explicou que esta partida global xestionada pola Consellería do Mar corresponde aos 175 millóns de euros do orzamento de 2011 e os créditos non executados de 2009 e 2010, que suman 141 millóns de euros.

A responsable socialista lamentou que estes remanentes sen executar proceden do impago das cotas ás mariscadoras de máis de 65 anos que non teñen a cotización mínima de 15 anos para acceder ás pensións non contributivas, que carecen de Permex e tampouco poden deixar de pagar porque deberían que devolver as axudas. Tamén deixa sen cobrar as xubilacións anticipadas aos mariñeiros dende maio do ano pasado.

Ademais, engadiu que a inmensa maioría das confrarías non cobran os convenios dende o ano pasado, co que non poden pagar os salarios dos seus biólogos ou as labores de vixilancia contratadas grazas a estes acordos. Tamén vense afectados os programas de acuicultura ou as axudas á modernización de buques e a empresas de transformación, que só perciben en torno ao 40 por cento do orzamento que lles corresponde.

Explicou que esta situación é especialmente grave nos programas de Infraestruturas Pesqueiras, no que deixouse sen gastar o 78,3 por cento, Promoción Social e Divulgación Tecnolóxica deixou de gastar o 60 por cento, Competitividade e Mellora da Produción Marisqueira, non se executou o 79 por cento, e Regulación dos Produtos da Pesca, que mantivo intacto o 69 por cento do seu orzamento.

Recursos comunitarios

Soneira advertiu que de seguir con esta política Galicia corre o risco de ter que devolver os fondos comunitarios correspondentes a programas sen executar. Alberga “serias dúbidas” de que poida haber tempo material para gastar os orzamentos concedidos a Galicia antes do remate do Programa Operativo comunitario no ano 2013.

A responsable socialista augurou tamén “novos problemas” logo de que esta Consellería asumira a xestión do Medio Rural, que o ano pasado tiña un nivel de execución de crédito do 54,35 por cento.

Soneira lembrou que os sectores primarios galegos supoñen un “refuxio fundamental” en tempos de crise que será posto en perigo por unha conselleira incapaz de xestionar “todo un caudal de recursos” cando deberan ser aproveitados para xerar actividade económica e crear emprego.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar