Soneira reprocha ao PP a retirada de Pesca da nomenclatura dos ministerios do Goberno de Rajoy

Soneira reprocha ao PP a retirada de Pesca da nomenclatura dos ministerios do Goberno de Rajoy

Soneira reprocha ao PP a retirada de Pesca da nomenclatura dos ministerios do Goberno de Rajoy

“Polos seus feitos habelos coñecer”, sobre esta cita bíblica argumentaba a deputada socialista, Marisol Soneira a súa acusación da eliminación histórica do Goberno Rajoy da Pesca na nomenclatura dos ministerios do seu Gabinete.

“É a primeira vez en todos os gobernos de España en que a Pesca desaparece”, xa que o departamento pasa a chamarse Ministerio de Agricultura Alimentación e Medio Ambiente. Así o explicou Soneira na súa intervención de réplica á comparecencia da Conselleira do Mar, Rosa Quintana, no pleno do Parlamento para explicar as accións do Goberno ante a negociación da Política Pesqueira Comunitaria.

A portavoz de Pesca socialista referiuse tamén ao titular deste novo ministerio, Miguel Arias Cañete. “Foi un ministro preocupado polas axudas para as ganderías de lidia, por algo sería”, espetou Soneira, para lembrar a continuación a súa responsabilidade como ministro na anterior etapa de Goberno popular na negociación con Marrocos”, de nefastos resultados para o sector en Galicia.

Tamén recordou que no seu equipo estaba o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, “que igual o recuperan para este ‘negociado menor’ que é a pesca para o Executivo Rajoy”. Chegou tamén a mencionar a posibilidade de que sexa chamada a propia Rosa Quintana. “Tería a posibilidade de negociar o próximo ano unhas TACs e unhas cotas que nos permitirían ser os reis do mundo mundial”, ironizou a deputada socialista.

Soneira dirixiuse á Conselleira do Mar para salientar que “en Madrid hoxe acaban de dar unha mensaxe: O novo Goberno de España acaba de dicirnos que a Pesca é un asunto menor”.

A portavoz de pesca socialista esixe explicacións ao respecto, “porque se vendeu ata a saciedade a capacidade do Presidente da Xunta para influír no PP español e en Mariano Rajoy”.

Soneira lamenta esta decisión do Executivo de Madrid, aínda que sexa só desde o punto de vista estratéxico, porque “cando vaiamos a sentarnos na mesa en Bruxelas a negociar a política pesqueira, a tarxeta do noso ministro non fará referencia a esta, será o único que non sexa ministro de pesca”, apuntou.

NON POÑERSE MEDALLAS E IR XUNTOS CARA A NEGOCIACIÓN DA PCP

Antes de coñecerse a composición do Gabinete de Mariano Rajoy, Marisol Soneira valoraba a comparecencia de Rosa Quintana como a dunha “conselleira nacionalista”, como se tivera as competencias plenas e o Estado no xogara ningún papel. Acusaba ao Goberno galego de apropiarse dos éxitos, cando as competencias son do Estado, e sen embargo non querer falar das cuestións nas que teñen competencia, e polo tanto toda a responsabilidade.

Marisol Soneira acusou á titular de Mar de presumir de influencia na UE, cando en realidade “fracasa cando vai soliña”, e puxo como exemplo que aínda esteamos “á espera da moratoria nas zonas C, ou cando fomos a intentar manter o modelo de análise de biotoxina, e mira como estamos.

Recoñeceu preferir quedarse co positivo, como a estratexia para recuperación do arrastre, xa que “o do lirio pode servir de exemplo para outras especies e artes de pesca”.

Advertiu Soneira de que “as regras de xogo non son iguales”. “Para esta actividade non funciona o mercado único”, advertiu. Necesitamos acordos para unha defensa dos nosos intereses na PCP “e chegamos a un acordo no pleno pasado, aí debemos ir xuntos”. “Non é que me preocupe que vaia soa e que cando vai soa fracasa”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar