Soneira reclama unha política pesqueira común consensuada

Soneira reclama unha política pesqueira común consensuada

Soneira reclama unha política pesqueira común consensuada

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira anunciou hoxe que rexistrou no Parlamento a proposta do PSdeG-PSOE para a reforma da política común pesqueira. Asegura que presenta este documento para aspirar a conseguir un texto consensuado que amose a posición de tódalas forzas políticas de Galicia neste asunto.

Soneira advertiu que mentres Feijoo, os Conselleiros Conselleira e o Partido Popular están de festa en festa, o Grupo Parlamentario Socialista presenta propostas en defensa dos intereses pesqueiros de Galicia na futura reforma da Política Común de Pesca.

Critica que mentres a Xunta critica ó Goberno Central sen aportar, pola súa parte, mais que xestos contraditorios, os Grupos Parlamentarios aínda estamos esperando a que a Conselleira do Mar nos convoque para coñecer a súa postura e as súas propostas e escoitar as nosas.

A portavoz de Pesca lamentou que, unha vez mais, sexa a oposición quen teña que asumir o papel que corresponde o goberno e que, polo que sabemos, aínda sigue de festa en festa.

PROPOSTAS DO PSdeG-PSOE

Sobre as propostas do PSdeG-PSOE para o ditame ao Regulamento Europeo e do Consello, sobre a política pesqueira común destacan, entre outras:

-O Regulamento deberá abordar a modificación do Principio de Estabilidade Relativa .

 

-Toda medida medio ambiental, destinada a recuperación biolóxica de caladoiros, que supoña restricións de posibilidades de pesca,  debe facerse en colaboración e coa participación do sector afectado, e disporá dos recursos necesarios e suficientes que permitan o mantemento dos niveis de renda das comunidades pesqueiro dependentes.

 

- O Regulamento establecerá un sistema de dereitos transferibles de pesca  de ámbito comunitario, permitindo  a libre circulación destes de conformidade co Acordo de Lisboa. De esta medida quedarían excluída a flota artesanal e de baixura, e o marisqueo.

 

-O Regulamento deberá establecer un marco normativo que apoie, consolide, modernice e forneza a pesca artesanal e de baixura como un dos instrumentos mais dinámicos dun modelo de desenvolvemento sostible e diversificado economicamente, e dunha tradición histórica asentada durante séculos  nas comarcas pesqueiro dependentes.

 

- O Regulamento deberá contemplar o marisqueo a pé como unha parte da PCP na nova reforma, integrando esta actividade en tódolos programas e accións da mesma, recoñecendo á muller mariscadora como un dos eixes vertebradores da sociedade mariñeira e a súa contribución a economía e a sociedade do litoral

 

- Deberá contemplar o Regulamento unha PARTE específica que regule as condicións de traballo na pesca e no marisqueo, tanto a bordo como a pé, tanto colectivas como individuais, así como a adaptación das embarcacións á incorporación das mulleres a actividade pesqueira a bordo.

 

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar