Soneira reclama explicacións sobre a reinstalación de molusco de zonas C

Soneira reclama explicacións sobre a reinstalación de molusco de zonas C

Soneira reclama explicacións sobre a reinstalación de molusco de zonas C

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira anunciou que rexistrara unha iniciativa na Cámara Autonómica para reclamar explicacións sobre o sistema de reinstalación de moluscos procedentes de zonas C
Sinala que segundo as novas publicadas “este sistema vai a permitir poñer no mercado 450 toneladas de molusco óptimos para o consumo mediante un sistema de reinstalación que contempla tódolos pasos dende a recollida dos moluscos na lonxa das confrarías de orixe ate o seu retorno”.
Advirte que diante destas novas e vista a contestación e contradiccións entre o que transmite a propia Consellería do Mar e algunhas das confrarías mais afectadas, Soneira quere coñecer entre outros asuntos;
-Onde se fai a reinstalación anunciada, nun espacio natural? En instalacións en terra? En que condicións biolóxicas, medioambientais e legais?
-O proceso anunciado, canto dura? Quen traslada os moluscos dende o punto de venda ate o reasentamento, e viceversa?
-Os moluscos “reasentados” a que mercado irían destinados logo do seu tratamento?
-De quen é a propiedade dos moluscos en cuestión, dos mariscadores ou dos compradores en lonxa?
-Cal foi o resultado obtido pola Sra. Conselleira das xestións feitas diante da UE para autorizar unha depuración intensiva destes productos e permitir a súa comercialización en fresco?

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar