Soneira reclama explicacións pola visita de Rueda e o secretario xeral de Emigración a Arxentina e Uruguai

Soneira reclama explicacións pola visita de Rueda e o secretario xeral de Emigración a Arxentina e Uruguai

Soneira reclama explicacións pola visita de Rueda e o secretario xeral de Emigración a Arxentina e Uruguai

A portavoz de Emigración do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Marisol Soneira rexistrou diversas iniciativas na Cámara Autonómica para reclamar explicacións ao Goberno de Feijoo sobre a recente visita do conselleiro de Presidencia, e o Sº xeral de Emigración, a Arxentina e Uruguai onde, sempre por noticias de prensa, realizaron distintas visitas a entidades galegas radicadas nestes dous países. A deputada quere coñecer polo miúdo o programa e o desenvolvemento da viaxe.

Na pregunta rexistrada Soneira quere saber cal foi o programa da visita levada a cabo polo Sr. conselleiro da Presidencia e o Sr. secretario xeral de Emigración á Arxentina e Uruguai na primeira quincena do mes de marzo?.

A parlamentaria quere coñecer si os responsables autonómicos si mantiveron algún encontro coas autoridades do Centro Galego de Bos Aires? Se é así, cales foron os temas tratados neste encontro e cales os acordos acadados?. E tamén en que situación se at

opan as transferencias comprometidas para o exercicio 2011 con entidades prestadoras de servizos asistenciais, na Arxentina e Uruguai?.

Ademais lembrou que rexistrou unha proposición no Parlamento, e que sera debatida no vindeiro Pleno da Cámara, na que reclamou buscar fórmulas de colaboración e cooperación co Centro Galego de Bos Aires, co fin de que permitan, acadar acordos que fagan innecesaria a vía xudicial para a resolución dos problemas. Soneira solicita garantir a supervivencia do Centro Galego de Bos Aires como un faro da nosa cultura e como centro sanitario de referencia dos galegos que residen na República Arxentina.

Demanda tamén tender liñas de diálogo baseadas no mutuo respecto, no diálogo permanente, e que permita a resolución dos graves problemas que hoxe sofre esta emblemática institución.
Solicita deseñar mecanismos de colaboración nos eidos, económico, asistencial, sanitario, social, xurídico, cultural, etc., entre a Xunta de Galicia e o Centro Galego de Bos Aires, coa finalidade de garantir a supervivencia desta entidade e a preservación da cultura e da historia de Galicia.

Establecer un marco de relación e interlocución, entre a Xunta de Galicia e o Centro Galego de Bos Aires, con regras claras e confiables, e interlocución con capacidade de asumir e garantir os compromisos acadados.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar