Soneira reclama á Xunta que explique a súa estratexia de acuicultura no Parlamento

Soneira reclama á Xunta que explique a súa estratexia de acuicultura no Parlamento

Soneira reclama á Xunta que explique a súa estratexia de acuicultura no Parlamento

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, reclamou á conselleira do Mar que compareza no Parlamento para explicar o seu Plan Acuícola. Así o dixo logo de que onte o Goberno galego acordara a aprobación inicial da Estratexia Galega de Acuicultura, tal e como aparece na referencia do Consello da Xunta.

A responsable socialista reclama que o Goberno galego transmita á Cámara “e polo tanto a tódolos galegos e galegas” as súas previsións para ordenar este sector, que polo coñecido onte incluirá zonas protexidas da Rede Natura. Advertiu que a Xunta “debe clarificar urxentemente si vai continuar actuando como colaborador necesario para a especulación no terreo costeiro destinado á acuicultura”.

Soneira explicou que ata o momento o goberno galego modificou o Plan de Acuicultura para “espoliar os mellores terreos da nosa costa” e entregárllelos en propiedade ás empresas concesionarias. Estas recibirán un terreo inmellorable independentemente de que fagan “un porto deportivo, un hotel de luxo, vivendas ou un campo de golf” tal e como ven de suceder en Huelva.

Engadiu que a responsable do Mar debe aclarar diante da Cámara autonómica si esta Estratexia e o posterior Plan Galego de Acuicultura vai amparar o “latrocinio e abuso” aos propietarios de terreos costeiros protexidos. Dixo que o Goberno galego está consolidando así a súa estratexia para comprometer o futuro do patrimonio natural máis valioso de Galicia para dedicalo ao mercado inmobiliario e a especulación”.

A conclusión do periplo do Plan Galego de Acuicultura, dixo, é que permaneceu unha lexislatura paralizado sen un só proxecto posto en marcha nas costas de Galicia por simple revisionismo político. Advertiu que o presidente da Xunta incumpriu o seu compromiso de investidura de poñer en marcha 23 proxectos e 2.000 postos de traballo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar