Soneira reclama a modificación da LOREG para suprimir o voto rogado e crear circunscripcións electorais no exterior

Soneira reclama a modificación da LOREG para suprimir o voto rogado e crear circunscripcións electorais no exterior

Soneira reclama a modificación da LOREG para suprimir o voto rogado e crear circunscripcións electorais no exterior

A portavoz de Emigración do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Marisol Soneira que o Goberno do Estado promova a modificación da Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral (LOREG) para que o dereito a votar, nos procesos nacionais e autonómicos, sexa igual ao esixible para os españois que residen en España, suprimindo a obrigatoriedade de rogar o voto e establecendo circunscricións electorais no exterior que faciliten a representación directa dos emigrantes e o voto persoal en urna.

“non se pode privar ao 95% dos residentes galegos que viven no exterior dun dereito constitucional”,dixo.

Soneira que rexistrou unha proposición no Parlamento de Galicia, dixo que a reforma da LOREG “no que atinxe o voto dos españois residentes ausentes, supuxo un dos maiores erros na historia democrática do noso país”.

Replicou que esta constatación quedou patente “diante dos datos que amosan as últimas eleccións xerais e as autonómicas de maio”.

A deputada socialista aseverou que “este estado de cousas non implica, soamente, unha imposibilidade manifesta de participación dos españois residentes no exterior, senón que é unha discriminación entre españois exclusivamente por razón de residencia”.

A deputada argumenta que diante deste “claro erro”, so cabe emendalo e establecer “mecanismos de participación política o mais semellantes posible, e coas mesmas garantías, ás esixibles o resto dos españois”, insistiu. Neses senso demandou “a constitución de circunscricións electorais no exterior onde os emigrantes poidan ter representación directa e onde poidan votar realmente en urna”.

A portavoz socialista advertiu que “rogar o voto é un proceso inaceptable e impropio do noso modelo político, que vulnera o principio de igualdade de dereitos de tódolos cidadáns recollido na Constitución e no Estatuto de Autonomía de Galicia”.

Soneira acusou ao Goberno de Feijoo “de estar ausente e alleo ás demandas dos galegos residentes no exterior”. E proseguiu coas súas criticas “Feijoo renunciou a ser o portavoz das súas demandas e ten reducido as políticas de emigración a un mero negociado administrativo se peso nin categoría política, polo tanto non se mollou neste asunto”.

Canarias 27 votos

Puxo o exemplo de Canarias nas eleccións autonómicas, na que existe unha gran parte da súa poboación emigrada en Venezuela, “chegaron 27 votos, dun total de 20.000 posibles electores”. Por iso insiste “algo falla e polo tanto hai que modificalo”.

Secretaria de Emigración na Executiva Federal

A parlamentaria asevera que dende o PSdeG-PSOE “posicionamonos en contra dos acordos que deron lugar a esta modificación”. Ademais lembra que “temos aportado e defendido documentos que promulgan a revisión do “voto rogado”, xunto coa creación dunha Secretaria de Emigración na Executiva Federal que se encargue especificamente da defensa política dos españois, maioritariamente galegos, residentes no exterior”. Ámbalas dúas propostas foron aceptadas e asumidas polo Partido e hoxe forman parte do noso ideario político.

Por ultimo afirma que presenta esta proposta para coa vontade de acadar o consenso unánime da cámara para trasladar o Goberno do Estado e as Cortes Xerais a necesidade de dar resposta ó clamor de mais de millón e medio de españois por participar e formar parte do deseño político do noso país.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar