Soneira reclama a Mar unha resposta ante as denuncias por presuntas irregularidades nas axudas do Prestige

Soneira reclama a Mar unha resposta ante as denuncias por presuntas irregularidades nas axudas do Prestige

Soneira reclama a Mar unha resposta ante as denuncias por presuntas irregularidades nas axudas do Prestige

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, reclamou á Consellería do Mar que “dea conta” diante das denuncias por presuntas irregularidades no reparto das axudas do Prestige”. Nunha pregunta oral na Comisión de Pesca, Soneira advertiu do “desleixo” deste departamento diante das denuncias por irregularidades.

Soneira reclamou ao Goberno galego que dea resposta diante destas graves acusacións, xa que “si aquilo era calumnioso habería que denunciar á persoa que facía as devanditas acusacións, e do contrario ofrecer as correspondentes explicacións”. Lembrou que, de acordo co particular denunciante, a conselleira coñece as denuncias e “non fixo nada”.

Lembrou que o propio Tribunal de Contas abriu dilixencias sobre o reparto destas axudas para paliar os danos ocasionados pola catástrofe do Prestige, mentres o xulgado de Carballo ten iniciado tamén dilixencias sobre esta situación, da que mesmo o Valedor do Pobo ten recibido a protesta, ao que a Consellería deu “a calada por resposta”.

Soneira amosou tamén todo o seu respecto sobre un procedemento que agora mesmo está aberto, e sinalou que “moitas veces hai denuncias que acaban en nada, e algunhas mesmo son absolutamente calumniosas, como estamos a ver estes días”.

Pólizas subvencionadas

A parlamentaria socialista tamén presentou unha pregunta oral para que o Goberno dea conta do número de pólizas de seguros ten subvencionado a raíz da campaña de publicidade “No mar nunca sabes o que pode pasar”, financiada con orzamentos do Fondo Europeo de Pesca.

Lembrou que no momento da súa posta en marcha, a Consellería anunciaba a subvención de ata o 25 por cento da póliza obrigatoria, malia que no momento da súa posta en marcha “aínda non fora publicada a correspondente disposición legal que dera cobertura a esta afirmación”.

A responsable socialista lamentou que, malia anunciar unha “suposta austeridade” na súa xestión, e sabendo que 2.500 mariñeiros beneficiáronse da subvención, demostraron descoñecer o custe da campaña ou mesmo do importe global destinado a estas subvencións.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar