Soneira reclama a dimisión de Quintana tras ser desautorizada por Feijóo no "esperpento" da batea de Morás

Soneira reclama a dimisión de Quintana tras ser desautorizada por Feijóo no "esperpento" da batea de Morás

Soneira reclama a dimisión de Quintana tras ser desautorizada por Feijóo no "esperpento" da batea de Morás

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Marisol Soneira, reclamou a dimisión da conselleira de Pesca “por dignidade” logo de ser desautorizada por Feijóo no caso da batea orixinalmente destinada a Morás. Así o dixo no debate dunha pregunta oral no Pleno do Parlamento no que lamentou que a conselleira “dobrara a cerviz” diante de Pescanova.

Soneira ironizou con que “xa vai sendo hora de que o presidente da Xunta nomee conselleiro a Pescanova” logo do “esperpento” da batea, no que “demostrouse que aquí manda quen manda”. Fixo alusión así ao intento da Consellería do Mar de instalar unha batea en Morás –Xove- para a reinstalación de moluscos de zonas “C”, que “despois dun amplo periplo polas costas da Mariña de Lugo, acabou en Lorbé”.

Dixo que a conselleira cedeu porque “chegou Pescanova e mandou parar e Feijóo dixo que a buscar outro sitio”, deixándoa “en evidencia”. Soneira acusou á responsable de Mar de “supeditarse ao interese dunha empresa” a pesares de que hoxe defende que o proxecto resulta “beneficioso para 15 confrarías”.

Lamentou a xestión dunha batea que “segundo anunciaron ía aforrar millóns de euros” e que decidiron cambiala de ubicación logo da ameaza de Pescanova de denunciar o proceso e, a pesares de que a Xunta dixo que é inocuo, dedicaron un barco de gardacostas para “pasear a batea por toda a costa sen ter en conta os custes”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar