Soneira reclama a creación dunha comisión para o estudo da situación dos galegos residentes fóra de Galicia

Soneira reclama a creación dunha comisión para o estudo da situación dos galegos residentes fóra de Galicia

Soneira reclama a creación dunha comisión para o estudo da situación dos galegos residentes fóra de Galicia

A portavoz de Emigración do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira anunciou hoxe que solicitou no Parlamento de Galicia, a creación dunha Comisión non permanente para o estudo da situación dos galegos residentes fóra da Comunidade Autónoma.

A deputada socialista explica, na iniciativa rexistrada, é un dos sinais de identidade que teñen marcado profundamente o modelo social, económico e cultural de Galicia. Sinala que residentes fora da nosa Comunidade “supoñen un gran patrimonio por canto están presentes en tódolos estratos sociais dos países onde residen”.

Soneira sinala que tanto a Constitución española (artigo 42), como o Estatuto de Autonomía (artigo 3.2), fan referencia aos emigrantes como cidadáns españois e galegos, polo que en consecuencia, a Cámara de soberanía de tódolos galegos ten a obriga política de contemplar nos seus traballos unha dedicación especial a singularizada a esta parte tan importante da cidadanía do noso pais.

A portavoz socialista replica que si “ben nas lexislaturas pasadas xa ten funcionado unha comisión destas características, a nova situación política, económica, social e cultural do mundo e dos países onde reside mais do 10% da nosa poboación, fan necesaria a creación dunha comisión desta natureza”, resumiu

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar