Soneira reclama a creación dun espazo museístico para o patimonio subacuático da Costa da Morte

Soneira reclama a creación dun espazo museístico para o patimonio subacuático da Costa da Morte

Soneira reclama a creación dun espazo museístico para o patimonio subacuático da Costa da Morte

A deputada do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira rexistrou unha proposición no Parlamento de Galicia para reclamar ao Goberno de Feijoo crear, na Costa da Morte, un espazo museístico que acolla, conserve, recupere e expoña o patrimonio subacuático recuperado dos fondos mariños deste territorio.

Soneira explica que ao longo da Costa da Morte os pecios, procedentes de accidentes naturais e de batallas navíos, sementan os fondos mariños. Moitos están localizados e figuran nas antigas libretas “de marcas” que todo vello mariñeiro ten como un tesouro, e actualmente nas costas que figuran nos aparellos electrónicos das embarcacións de pesca. Sinala que a razón é sinxela xa que un pecio é un magnífico arrecife artificial onde atopan acubillo moitas especies mariñas.

Explica que recentemente, estanse levando a cabo prospeccións arqueolóxicas na ría de Corcubión que están dando como resultado o achado de restos dun enorme interese histórico, cultural e patrimonial.

Argumenta que distintos proxectos, promovidos por administracións diversas e por entidades de ámbito local e comercial, están dinamizando o turismo e o patrimonio da zona. Exemplos son a utilización dos fosos como museos ou como establecementos hostaleiros de distinto tipo, etc.

Asegura que o patrimonio subacuático detectado e recuperado, pode ser un elemento moi interesante para atraer turismo cultural á Costa da Morte, se estes achados quedasen no territorio.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar