Soneira reclama a comparecencia da conselleira do Mar para dar conta das xestións ante a reforma da PCP

Soneira reclama a comparecencia da conselleira do Mar para dar conta das xestións ante a reforma da PCP

Soneira reclama a comparecencia da conselleira do Mar para dar conta das xestións ante a reforma da PCP

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, solicitou a comparecencia da conselleira de Pesca na Cámara autonómica para dar conta das xestións da Xunta diante da reforma da PCP. Así o dixo logo de coñecer a proposta da Comisaria de Pesca coñecida onte que “mantén tódalas limitacións á pesca galega”.

Soneira lamentou que a Xunta se ten amosado “absolutamente incapaz de fixar unha posición común consensuada cos grupos políticos nin co sector e moito menos de transmitir, difundir e procurar alianzas diante da UE”.

Criticou que “mentres o Goberno central reúne a tódolos grupos no Congreso para acadar consenso nas demandas das reformas, a conselleira de Pesca quere ir ela soa e cando sae ben quedarse co mérito e cando sae mal botarlle a culpa ao Estado”. Advertiu que mentres ela “sempre foi chamada polo Ministerio para estar informada” en Galicia “renunciou a chamar aos grupos políticos”.

Dixo que diante da proposta de reforma da Política Común de Pesca transmitida pola Comisaria de Pesca, María Damanaki, “nefasta para Galicia” resulta “mais necesario que nunca acadar consenso entre os grupos políticos e acordo co sector”. Lamentou que a conselleira “prefira a arrogancia de excluír aos demais actores mentres presume de manter unha ampla sintonía con Damanaki que se demostrou absolutamente inútil”.

Dixo que “estamos aviados si esa sintonía pasa porque as dúas compartan que a destrución da flota é a única solución á sobreexplotación dos recursos”, polo que “pretenden subvencionar os desguaces de embarcacións co mesmo diñeiro público que serviu para construílas”. Engadiu que “seguimos sen ter unha aposta clara pola pesca artesanal que vertebre as comunidades costeiras e permita novos nichos de emprego”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar