Soneira quere saber quen dirixe a Conselleria do Mar e as políticas pesqueiras de Galicia

Soneira quere saber quen dirixe a Conselleria do Mar e as políticas pesqueiras de Galicia

Soneira quere saber quen dirixe a Conselleria do Mar e as políticas pesqueiras de Galicia

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira preguntouse hoxe quen dirixe, realmente, as políticas de pesca do Goberno Galego, logo do cambio de posición da Conselleira con respecto a reinstalación de bivalvos procedentes de zonas “C” en Morás (Xove). Por iso anuncia unha nova batería de iniciativas parlamentarias.

Cualificou o proceso da reinstalación de “rocambolesco e esperpéntico”, e asegura  “que parece o produto dun mal guión de película de clase B, onde queda patente que  a política de pesca e acuicultura deséñase e imponse dende despachos e estamentos ALLEOS o Consello da Xunta”.

Sinala que “en San Caetano solo hai improvisación, ocorrencias e supeditación dos intereses colectivos ás presións políticas partidarias e aos intereses particulares que cobran por esta vía os apoios prestados”.

Soneira afirma que  se os informes e estudos, dos que presume a Conselleira Rosa Quintana existen, son certos e non ocasionan danos nin no Medio Ambiente natural nin as instalacións acuícolas alí existentes, porqué cede as presións políticas e empresariais e decide trasladar o problema a outro lugar?, preguntou.

A portavoz de Pesca dixo que si son certos os temores manifestados pola empresa acuícola en cuestión, e polos colectivos da Mariña, advirte “que a Consellería do Mar non dispón deses estudos que di poseer ou reflicten unha realidade moi distinta a oficial”, replicou.

E insistiu nas súas criticas “onde está o lugar de toma de decisións sobre políticas pesqueiras e marisqueiras de Galicia, en San Caetano ou en despachos alleos ao mesmo?”.

Que débedas ten Feijoo?

Tamén enviou unha mensaxe ao Presidente Feijoo, xa que quere saber “que débedas ten con algún grupo empresarial galego para que desautorice publicamente a Conselleira Rosa Quintana forzándoa a cambiar de posición neste asunto tan delicado, por canto afecta a milleiros de postos de traballo e a credibilidade dos nosos mariscos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar