Soneira pide que se vixíen os prezos do marisco de calidade das bateas de depurado de Ferrol e Aldán

Soneira pide que se vixíen os prezos  do marisco de calidade das bateas de depurado de Ferrol e Aldán

Soneira pide que se vixíen os prezos do marisco de calidade das bateas de depurado de Ferrol e Aldán

A portavoz de pesca do Grupo Parlamentario Socialista, Marisol Soneira, defendeu unha pregunta en Comisión sobre a instalación por parte da daquela Consellería do Mar de dúas bateas, na ría de Ferrol e na de Aldán para a depuración natural dos bivalvos procedentes de bancos naturais cualificados como “C”.

Tamén se preocupou polo funcionamento destas bateas, que ao principio non cumpriu coas expectativas previstas e que incluso chegou a ter un funcionamento incorrecto.

Soneira Tajes interesouse pola capacidade destas bateas, en especial da de Ferrol, que acolle unha grande área de produción. Fixo fincapé na necesaria investigación das consecuencias de depurado de especies diferentes na mesma batea e da vixilancia da influencia da entrada de augas doces, porque este ano o inverno é especialmente seco e non permite unha valoración da incidencia das chuvias.

Pero a principal preocupación da deputada socialista veu dada polas consecuencias na comercialización de bivalvos. Marisol Soneira fíxose eco da denuncia do sector marisqueiro que detectou unha baixa dos prezos a pesares de que o marisco está a acadar tallas que “hai tempo que non se poñía no mercado”.

Aínda que non existen estudos que poidan atribuír directamente esta baixa á entrada de maior cantidade de bivalvos no mercado, Soneira apunta que pode haber quen se “queira aproveitar” da desconfianza dos compradores pola posibilidade de que desaprensivos pretendan introducir marisco de calidade “C” por marisco de zonas que non precisan de proceso de depurado. A deputada socialista referiuse de xeito específico ás mariscadoras do seu pobo, Camariñas, onde a pesares de extraer ameixa de grande tamaño e calidade, os prezos seguen á baixa. Outros parámetros que segundo Soneira tamén poden influír é a baixada de tamaño comercial da ameixa xapónica.

Apunta Marisol Soneira que ao mellor se demostra que a aposta pola introdución de maior cantidade de produto no mercado non supón unha solución para o sector pola baixa de prezos que provoca, o que faría pouco eficiente a aposta polas bateas depuradoras para o marisco “C”, “quizá sería mellor optar pola repoboación de zona B”, apuntou a deputada socialista.

INEFICIENTE E CARO

A deputada socialista tamén lle reprochou á consellería do Mar ter gastado 92.845€ en dúas bateas de segunda man e unha de aluguer, mentres no mercado se poden atopar “do trinque” por moito menos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar