Soneira pide a Feijoo o cese da conselleira do Mar, Rosa Quintana

Soneira pide a Feijoo o cese da conselleira do Mar, Rosa Quintana

Soneira pide a Feijoo o cese da conselleira do Mar, Rosa Quintana

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira pediu, en rolda de prensa, o cese da Conselleira do Mar, Rosa Quintana .A deputada socialista cualificou a xestión da Conselleira da reinstalación do marisco procedente de zonas C como “absolutamente patética”. Anunciou ademais que rexistrou unha batería de 14 iniciativas parlamentarias (4 preguntas en Comisión, 2 Proposicións, 3 interpelacións, 2 comparecencias e 3 preguntas en Pleno) nas que reclama explicacións sobre ese asunto.
Mais polo miúdo a portavoz de Pesca criticou a política pesqueira do Goberno de Feijoo. Asegurou que a consellería do Mar “é a expresión máxima dun modelo de facer política que se caracteriza pola improvisación, pola carencia de proxecto e de modelo, pola volta a fórmulas de fai décadas e pola salmodia dun mantra permanente: “a culpa é do bipartito” ou do goberno central”. Ademais criticou a política de nomeamentos da Xunta “onde primaron mais as afinidades persoais que a capacidade das persoas”, expuxo.

Dixo tamén que hai unha “falla total de liderazgo e de peso político da conselleira, a supeditación das políticas da consellería aos intereses orgánicos do Partido Popular”, e tamén “dependencia de Rosa Quintana de determinados poderes sectoriais, empresariais e sociais que fai que nos atopemos cun patético cadro que tivo a súa máxima expresión no tour que ten feito unha batea, nestes días, pola mariña de Lugo”. E incluso comparou este tour como o filme de paseando a Miss Daisy.
Os fitos pesqueiros do Goberno de Feijoo

Soneira tamén enumerou “os fitos” da política pesqueira de Feijoo. Na súa intervención aludiu a supresión da base de salvamento marítimo, prevista polo Goberno Touriño en Lires (Cee), e tamén a compra dun helicóptero de salvamento para a mesma cando xa estaba licitada a adquisición. Ademais lembrou que nestes intres “é o Goberno de Zapatero o que está executando as obras en na Costa da Morte e é quen ten licitado a adquisición dun helicóptero de altas prestacións”.

Criticou ademais que continuou modificando a Lei de Pesca, realizada na pasada lexislatura, que, entre outras cousas, permitía as concesións administrativas para que as mariscadoras puidesen dar o salto cualitativo que lles permitiría pasar a constituír cooperativas e xestionar os seus recursos dende un enfoque empresarial moderno e innovador.

Denunciou que emprendeu unha cruzada contra o furtivismo que, ate hoxe, solo acadou un maior número de incautacións de aparellos.

Suprimiu o Seguro Colectivo de Accidentes deixando tiradas a 30.000 persoas durante os meses de outono e inverno da pasada campaña. A solución estrela foi dar subvencións de entre 8 e 20 euros para contratar seguros individuais, polo que custa mais o trámite administrativo que a subvención concedida.

Asegurou tamén que a súa política “de procura de “amigos” en Europa para que defendesen as nosas posicións en materias tan diversas como o método analítico para a detección das biotoxinas, ou a reforma da Política Común de Pesca, “acabaron no mais estrepitosos dos fracasos e con consecuencias aínda non cuantificadas”. Ademais revela que este asunto “ten especial importancia, polo que ten acontecido estes días, teñen as xestións que pretendían unha moratoria da UE para a liberación das zonas “C” de producción de bivalvos, e vimos que o asunto acabou en esperpento e sainete”, ironizou.

Tamén lembrou a famosa Goleta que pasou de ser “estratéxica” para Galicia a suprimirse sen mais explicación.

E por último lembrou o episodio do cese do Presidente do Ente Público Portos de Galicia, onde á Conselleira Rosa Quintana colocaronlle a unha persoa do círculos de confianza e de amizades perigosas que ten Rafael Louzán.

Ademais aludiu as dúas medidas estrela anunciadas pola Conselleira do Mar este mesmo mes “unha Orde, para o acceso o permex das mariscadoras a pé, que -segundo ela- é todo un compendio de virtudes en favor das mulleres mariscadoras, xunto con dúas Ordes polas que crea novas zonas de producción de moluscos bivalvos”. Soneira cualificou a primeira medida como “o maior atentado contra a igualdade da muller no traballo que se ten producido por un goberno”.

Planta de Morás (Xove)

Sobre o caso do reasentamento de bivalvos en Morás dixo que esta xestión “esta dentro do surrealismo”. Argumenta que primeiro márcase unha zona, cualificada como “A” en Morás (Xove) a onde se deberán trasladar 450 toneladas de bivalvos para que alí, durante dous meses, se liberen das bacterias e outros microorganismos nocivos para a saúde e poidan ser comercializados en fresco. Sinala que no proceso inicial hai unha mortandade, nos primeiros cinco días, do 40% da ameixa fina trasladada. Os biólogos consultados aseguran que, ao longo dos distintos traslados e do período de reasentamento, os niveis nesta especie poden chegar o 60-70%. Denuncia que as principais confrarías afectadas por amplas zonas de zona “C” están radicalmente en contra; as empresas acuícolas están en contra, o PP da mariña está en contra, as confrarías da Mariña están en contra. E por riba o Presidente da Xunta di que se está avaliando se Morás é o lugar idóneo.

Replica ademais que durante todo un día “un barco do servicio de Gardacostas estivo paseando de aquí para alí unha batea, onde, teoricamente había que depositar os bivalvos procedentes de zonas “C” de toda Galicia que acabou en Lorbé”, e denuncia que mentres os furtivos tiveron barra libre en moitos lugares da Costa, xa que os medios encargados da súa persecución estaban “paseando a Miss Batea”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar