Soneira: “O xefe territorial de Mar debe dimitir pola concesión e posterior retirada dos Permex a marisqueiras de Carril"

Soneira: “O xefe territorial de Mar debe dimitir pola concesión e posterior retirada dos Permex a marisqueiras de Carril"

Soneira: “O xefe territorial de Mar debe dimitir pola concesión e posterior retirada dos Permex a marisqueiras de Carril"

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Marisol Soneira, esixiu hoxe, en Comisión parlamentaria, a dimisión do Xefe Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar de Vigo como responsable da decisión da consellería de retirar os Permex a doce persoas da confraría de Carril, dous días despois de terllos concedidos.

A Xunta de Galicia, o 10 de xaneiro de 2012, asina unha resolución da Xefatura da Consellería do Medio Rural e do Mar de Vigo pola que se autoriza o emprego dunha lista de reserva para a concesión de 12 novos Permex, incluídos no Plan de Explotación presentado pola confraría de Carril para 2012.

A mesma administración, atendendo a un recurso presentado contra esta decisión, resolve estimalo e anula a decisión anterior. Aos poucos días de entrar en vigor a anterior.

“Isto non é unha cuestión baladí” , como advirte Marisol Soneira, porque ao ser retirados estes permisos, de convocarse un novo concurso, estas persoas teñen que empezar de cero, a puntuación acumulada non serviría. “Poñer o contador a cero”, insiste a portavoz socialista de Pesca, “deixa a estas persoas en desigualdade de condicións”, causa imputable só a unha mala praxe da administración porque alguén “non mirou ben os papeis”.

Soneira denuncia ademais as gravísimas consecuencias económicas que tivo para moitas destas persoas este erro da Xunta. “Hai persoas que recorreron a préstamos para dotarse dunha mínima infraestrutura, como pode ser un vehículo e incluso para a merca do traxe de neopreno, e outros elementos necesarios para exercer este traballo”, dixo.

A deputada socialista recrimina á consellería que non aporte máis solución para estas persoas, “que se viron da noite para a mañá no paro por culpa dun erro administrativo”, que a de recorrer á vía xudicial. Fai fincapé no trastorno que suporía en economías tan precarias a contratación dun avogado á espera dunha indemnización da Xunta tras un máis que probable longo proceso contencioso.

Para Soneira Tajes “é a Administración a que mete a pata” e polo tanto a Xunta debera buscar fórmulas para causar o menor dano posible, tratándose de persoas que, nos tempos que corren, “tiñan postas as ilusións en encetar un proxecto vital nunha actividade que non é precisamente doada”.

Recordou á directora xeral de Pesca que, cando a Xunta de Feijóo decidiu cambiar a estrutura das xefaturas territoriais o facían por criterios de profesionalización. Por tanto, conclúe a deputada Socialista, que se o Xefe Territorial en Vigo non consultou a normativa para ditar unha resolución que despois a propia consellería di que é contraria á lei, “aquí alguén ten que cesar”, e se é esta persoa ben, e “senón tiramos máis arriba”, dixo.

O que non se pode e “xogar cos proxectos dunha ducia de familias e dicir que non pasou nada”, insistiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar