Soneira: "O inexistente Plan de Acuicultura de Feijóo non mudou ningún obstáculo para o sector"

Soneira: "O inexistente Plan de Acuicultura de Feijóo non mudou ningún obstáculo para o sector"

Soneira: "O inexistente Plan de Acuicultura de Feijóo non mudou ningún obstáculo para o sector"

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira advertiu que o suposto desbloqueo de 15.000 hectáreas da Costa, anunciadas polo Goberno de Feijoo, para instalación de proxectos acuícolas “é unha tomadura de pelo do Presidente da Xunta e da Conselleira ao sector acuícola e a Galicia”. Replica que o 90% dos concellos costeiros de Galicia non teñen elaborado o PXOM.

A deputada asegura que este Plan “non mudou ningún dos obstáculos que a Xunta lle puxo ó Sector acuícola galego coa anulación do Plan Galego de Acuicultura, xa que actualmente non hai ningún Plan Galego de Acuicultura en vigor”, insistiu.

Advirte ademais que coa lexislación actualmente en vigor “é practicamente imposible o desenvolvemento de ningún proxecto acuícola en Galicia, xa que se require un trámite administrativo ordinario que fai inviable a maior parte das iniciativas”, en urbanismo, medioambiente, patrimonio, costas, defensa, etc..
Soneira denuncia que coa proposta de Feijoo “vólvese ao vello modelo Fraguiano de “ti vai facendo...” e a discrecionalidade como método de xestión política”, xa que explica “todo é susceptible de ser utilizado como chan acuícola pero, ao mesmo tempo non hai marco xurídico que o sosteña”, resumiu.

Sinala que con este proxecto “solo as instalacións en polígonos industriais ou en zonas portuarias verán aliviado o seu penoso, longo, farragoso e frustrante tránsito administrativo ate conseguir o seu emprendemento”. Polo tanto as demais instalacións deberán engadir a todo isto a carencia absoluta de ordenamento urbanístico dos concellos costeiros, “polo que se verán abocadas a desenvolver plans sectoriais urbanísticos que multiplicarán ate o infinito os trámites burocráticos e os custes do proxecto”.

Sen gastar un céntimo

Coas cifras na man a parlamentaria denuncia que “a Xunta de Galicia permítese o luxo de non gastar nin un só euro en acuicultura do Fondo de Compensación Interterritorial”, e para os que xa había destinados 9.486.000 de euros no exercicio 2011, sen que se houbese investido nin un céntimo.

Así as cousas afirma que “coa folla de ruta que emprendeu Feijoo, Galicia corre un serio perigo de perder cuantiosos fondos europeos ante o inminente remate do período de aplicación en 2013”. E concluíu “e mentres o Presidente da Xunta e a Conselleira de Medio Rural e do Mar preséntanos mapas de colores e accións de goberno virtuais”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar