Soneira: “O goberno de Feijoo non consensuou con ninguén a proposta de Galicia sobre a Política Pesqueira Común”

Soneira: “O goberno de Feijoo non consensuou con ninguén a proposta de Galicia sobre a Política Pesqueira Común”

Soneira: “O goberno de Feijoo non consensuou con ninguén a proposta de Galicia sobre a Política Pesqueira Común”

 

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira interveu hoxe na Comisión 8º do Parlamento para reclamar explicacións ao Goberno de Feijoo o sobre as súas xestións fronte á Política Pesqueira Común (PPC).

Soneira dixo que dende o PSdeG-PSOE queremos que gane a pesca de Galicia. Pero denuncia que a día de hoxe a única activade da Xunta é unha nota de prensa, donde se sinala que hai unha posición unánime con asociacións e partidos políticos, sobre este asunto. Neste punto denuncia que “co PSdeG-PSOE non hai asinada ningunha proposta e polo tanto hai unha falla de dialogo total”, espetou.

A deputada socialista asevera que hai moitos axentes que teñen moito que contar neste asunto, pero advirte que a Xunta non puxo ningún interese en elevar unha proposta conxunta. Asegura que a proposta que presentou a Comisaria Damanaki “non contenta a ninguén e pode levar a ruína ao sector pesqueiro e marisqueiro de Galicia”.

Ademais lembra que o Goberno do Estado convocou a tódolos portavoces de Pesca no Congreso “para escoitalos e transmitir a posición que ía defender o Ministerio, pero con aportacions de todos”, advertiu.

Nese senso emprazou ao Goberno autonómico a mudar as formas para tratar este asunto.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar