Soneira: “O Goberno de Feijoo de boicotea as concesións marisqueiras de Carril por enfrontamentos do PP en Pontevedra”

Soneira: “O Goberno de Feijoo de boicotea as concesións marisqueiras de Carril por enfrontamentos do PP en Pontevedra”

Soneira: “O Goberno de Feijoo de boicotea as concesións marisqueiras de Carril por enfrontamentos do PP en Pontevedra”

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira interveu hoxe na Comisión 8ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre si a Xunta ten previsto promulgar un novo decreto para reordenar os parques de cultivo de bivalvos de Carril. Denuncia que o Goberno de Feijoo “busca un conflicto gratuíto” neste asunto, xa que a dirección dos parquistas non é submisa aos intereses políticos de Maneiro Cadillo.
Dixo que Maneiro Cadillo reuniuse en varias ocasións nun Hotel Carril con determinados sectores de Parquistas para conseguir determinados obxectivos orgánicos na provincia de Pontevedra.
Soneira afirma que e Maneiro Cadillo “ten animadversión persoal con persoas que teñen responsabilidades da Agrupación de Parquistas de Carril, debido a un conflicto orgánico do seu partido, xa que defenden posicións distintas”. E insistiu nas súas criticas “estes enfrontamentos non poden marcar a política marisqueira de Galicia”.
Ademais pediulle ao Director Xeral que non veña a ameazar coa axencia tributaria aos parquistas de Carril, xa que lembra “que é publico que hai denuncias con determinadas confrarías con Caixa B, e a Xunta mentres mira cara outro lado”.
Na súa intervención explicou que os parques de cultivo de bivalvos produciron, con datos de pescadegalicia.com de 2008, mais do 50% dos bivalvos de área de toda Galicia e algo menos da metade da facturación total. Esta realidade é moito máis sorprendente se se ten en conta que máis do 95% destes parques están situados en Carril (Vilagarcía), e ocupan unha superficie que rolda o millón de metros cadrados.
Advirte tamén que na rendibilidade é onde se producen os datos máis relevantes “xa que mentres nas autorizacións marisqueiras a rendibilidade media non supera os 0,60 € por metro cadrado, nos parques de Carril é de 30€”. Argumenta que “estes datos, por si solos, merecerían un profundo estudio que nos permitise abordar a mellora das rendas e un mellor aproveitamento dos recursos naturais. Dende o punto de vista laboral, os 1.350 parques de cultivo de Carril dan emprego a unhas dúas mil persoas entre emprego directo e indirecto”.
Argumenta que os parques de cultivo de Carril maioritariamente son concesión administrativas que datan do ano 1975 que, ao longo dos anos, foron traspasados a outras persoas que, de boa fe, entenderon estar facendo unha transación legal (Decreto 158/1991). Este Decreto, actualmente en vigor, tenta poñer orde e dar seguridade xurídica ás concesións que se veñen utilizando historicamente e, salvo unha porcentaxe inferior ao 10% destas, ten practicamente cumprido o obxectivo que motivou a súa promulgación.
Soneira afirma que de maneira sorprendente e sen que houbese ningunha proposta nin demanda por parte dos parquistas, a conselleira do Mar, na XIX Festa da Ameixa, anunciou a reordenación dos parques e a promulgación dun novo decreto que vería a luz no próximo ano. Este anuncio sementou a inquietude entre as máis de seiscentas familias que son titulares dos parques e que aínda se ven inmersas no procedemento iniciado a través do Decreto 158/1991, por canto non entenden que isto se faga sen contar con eles e sen rematar o proceso iniciado en 1991.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar