Soneira lamenta o “nerviosismo” de Traballo por responder a preguntas incómodas “buscando pantasmas no armario”

Soneira lamenta o “nerviosismo” de Traballo por responder a preguntas incómodas “buscando pantasmas no armario”

Soneira lamenta o “nerviosismo” de Traballo por responder a preguntas incómodas “buscando pantasmas no armario”

A parlamentaria socialista Marisol Soneira lamentou hoxe o “nerviosismo” amosado pola Consellería de Traballo durante a pregunta parlamentaria por un suposto tráfico de favores entre a súa conselleira, o Concello de Fisterra e Construcións Ogando. Lamenta que a Xunta “renuncie a explicar a verdade” diante de preguntas incómodas para “buscar pantasmas nos armarios”.

Lamentou que mentres preguntaba por uns feitos incluídos nun sumario xudicial que presuntamente expón as peores prácticas na xestión pública, a Xunta opta por “tentar desviar a atención e defenderse cun ataque desesperado e sen fundamento que lonxe de eximir á conselleira confirma as peores sospeitas”. Sinala que “o que quedou claro hoxe é que a conselleira de Traballo non pode negar que existiron estes contactos”.

Dixo que a resposta ofrecida hoxe pola Xunta “proba unha presunta implicación da conselleira de Traballo na Operación Orquestra moito máis grave do que parecía”. Confirmou que os socialistas galegos “seguiremos presentando iniciativas parlamentarias para chegar ao final” deste caso.

Soneira sinalou que “a realidade é que a persoa pola que presuntamente intercederon o Concello, a Consellería e a construtora finalmente conseguiron a praza na residencia da terceira idade de Vimianzo, e outra persoa ocupa outro posto na empresa como compensación”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar