Soneira: “Feijoo non moveu as datas de reparto de axudas en Cuba en plena campaña electoral porque non lle conviña”

Soneira: “Feijoo non moveu as datas de reparto de axudas en Cuba en plena campaña electoral porque non lle conviña”

Soneira: “Feijoo non moveu as datas de reparto de axudas en Cuba en plena campaña electoral porque non lle conviña”

A portavoz de Emigración do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira interveu hoxe no Pleno da Cámara para reclamar explicacións ao Goberno de Feijoo sobre a distribución de axudas aos emigrantes galegos en Cuba, durante a precampaña electoral de 2011. Denuncia que Feijoo non “moveu as datas de reparto de axudas porque non lle conviña”.

A deputada socialista lembrou que en maio de 2007 a Directora da Fundación Galicia Emigración “dimitiu porque o Presidente da Xunta, Pérez Touriño, considerou que a distribución de axudas, tan legais como estas, non procedía que se fixera en período electoral”. Explica que ademais da Directora Fundación, dimitiu tamén o Delegado desta Fundación en Uruguay. Sinala que os fondos destas axudas proviñan de aportacións privadas
Neste punto Soneira aludiu as criticas verquidas por Núñez Feijoo sobre este asunto. Xa que asegura que Feijoo reclamou a dimisión do Secretario Xeral da Emigración, e incluso do Conselleiro de Presidencia.
Así as cousas replica que este ano o Secretario Xeral de Emigración acompañado polo seu xefe de Gabinete, que é asesor do Presidente Feijoo, trasládanse durante 3 días a Cuba durante 25 ao 27 setembro, para repartir as bolas de axudas chamadas jabas. Por iso pregunta si Feijoo vai aplicar as mesmas peticións de dimisións que cando estaba na oposición. Por iso pregunta si Feijoo vai aplicar as mesmas peticións de dimisións que cando estaba na oposición.
Soneira afirma que non cuestiona as axudas pero si o período elixido para a súa distribución e lembrou que dende Cuba chegaron peticións de documentación para votar oito puntos por riba da media nacional, e dez puntos superiores as que chegaron de Arxentina. Sinala que “tanto nun caso como no outro parece sorprendente e non ten precedentes no pasado”.

A deputada que entende perfectamente a resolución da Xunta Electoral porque se fixo en base ós informes recabados da propia Xunta de Galicia. Calquera outra resolución, vistas a fontes de recabadas, sería sorprendente.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar