Soneira: Feijóo condena á miseria a un grupo de mulleres despois dunha vida chea de traballo no mar

Soneira: Feijóo condena á miseria a un grupo de mulleres despois dunha vida chea de traballo no mar

Soneira: Feijóo condena á miseria a un grupo de mulleres despois dunha vida chea de traballo no mar

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira rexistrou unha Proposición na Cámara Autonómica na que reclama á Xunta que se manteñan as mesmas condicións para as mariscadoras de 65 anos. Dixo que a política de Feijóo condena á miseria a un grupo de mulleres despois dunha vida chea de traballo no mar. Lembra que a Xunta retirou una axuda mensual de 557 euros para as mariscadoras que foi aprobada na pasada lexislatura.

Marisol Soneira explicou, na iniciativa rexistrada que a normativa vixente establece, como norma xeral, o cese da actividade no mesmo día en que, as mariscadoras, cumpran os 65 anos de idade. Nese momento dáselles de baixa no correspondente censo e, en consecuencia, non se lle revalida o Permex que lles autorizaría a seguir faenando. As persoas que se atopan nesta situación deberán solicitar a correspondente pensión de xubilación da Seguridade Social.

Advirte que existe unha porcentaxe de mariscadoras que, a pesar de levar moitos anos mariscando, non teñen cotizado o período mínimo que da lugar a percibir unha pensión contributiva da Seguridade Social.

Dixo que se trata dun colectivo moi pequeno en termos porcentuais; un colectivo composto por mulleres que non teñen máis fonte de ingresos que os procedentes desta actividade e que, de non xerar as cotizacións necesarias para ter dereito a percibir unha pensión contributiva da Seguridade Social, están abocadas a sobrevivir cunha pensión non contributiva ou compartir a pensión do seu marido nos casos en que estean casadas.

Explica que na pasada lexislatura analizouse este asunto, e quedou patente a indefensión e desprotección económica na que se atopaban centos de mariscadoras que superaban os 65 anos de idade e que non podían recibir ningún tipo de retribución pública alternativa pola vía das prestacións da Seguridade Social. Por iso se publicou a Orde de 8 de agosto 2007 (DOG 155 do venres 10 de agosto de 2007) pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para que as mariscadoras a pé poidan completar os períodos mínimos de cotización o réxime especial dos traballadores do mar co obxecto de conseguir pensión de xubilación. Nese mesmo ano publicouse a Orde do 30 de novembro onde se convocaban as axudas para o seguinte exercicio económico.

A parlamentaria socialista denuncia que a Consellaría do Mar volve a recortar gasto polo lado máis feble da sociedade. Asevera que condena a un colectivo modesto de mariscadoras, que xa teñen cumpridos os 65 anos, a vivir da axuda de familiares e amigos porque a Administración pesqueira nos lles renova o Permex para poder seguir traballando, nin lles facilita un mínimo vital para sobrevivir mentres completan o período mínimo que lles permita acceder a unha pensión contributiva.

Texto da Proposición Non de Lei

O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a modificar a Orde do 10 de xaneiro de 2011, publicada no DOG nº 12 de 19 de xaneiro do mesmo ano, no senso de que recolla, polo menos, as mesmas condicións que as recollidas no Artigo 4 -Contía das Axudas-, da Orde do 27 de novembro de 2007, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para que os mariscadores e as mariscadoras a pé poidan completar os períodos mínimos de cotización ao réxime especial dos traballadores do mar co obxecto de acadar pensión de xubilación.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar