Soneira esixe explicacións sobre o futuro das oficinas e delegacións no exterior

Soneira esixe explicacións sobre o futuro das oficinas e delegacións no exterior

Soneira esixe explicacións sobre o futuro das oficinas e delegacións no exterior

A portavoz de Emigración do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira anunciou hoxe que rexistrou unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamar explicacións sobre as insinuacións, por parte do Goberno de Feijoo e do Goberno de Rajoy, da desaparición de oficinas e delegacións no exterior.
A deputada socialista subliña a importancia da emigración en Galicia, e sinala “a súa contribución axudou a conformar a nosa Comunidade como entidade política, cultural e social”. Tamén destaca a súa contribución á modernización dos sectores produtivos e a formación de varias xeracións de galegos e galegas, a través de contribucións persoais que fixeron posible a educación e a formación profesional de moitos galegos.
Explica que os fillos dos galegos emigrados conforman hoxe un amplo colectivo que, pertencendo ás sociedades dos países de residencia, tanto de dereito como de afectivamente, non renuncian ás súas orixes e supoñen unha oportunidade única para Galicia de proxectarse fóra das súas fronteiras.
Así as cousas advirte que ao longo da historia os centros galegos foron as embaixadas, non oficiais, de Galicia naqueles lugares onde se concentraron os galegos emigrados. Recentemente os distintos gobernos de Galicia estableceron oficinas e delegacións que servisen, de xeito oficial, a este cometido. Argumenta tamén que estas oficinas e delegacións achegan a Administración aos administrados e, ben xestionadas poden ser o instrumento perfecto para a proxección exterior dun pequeno país, como o noso, que ten no capital humano sementado polo mundo un dos seus principais activos.
Soneira advirte de recentes declaracións do ministro de Exteriores e mesmo de representantes do Goberno galego, insinuando a desaparición destes instrumentos ao servizo dos intereses dos galegos.

Por todo iso a portavoz de Emigración quere coñecer entre outros asuntos;

1.ª) Ten definida a Xunta de Galicia unha posición sobre a política de oficinas e delegacións no exterior, en relación coa posición amosada polo Goberno da central?

2.ª) Vai supeditar, a Xunta de Galicia, a súa política neste campo aos ditados do Goberno central?.

3.ª) Cantos asuntos tramitaron as oficinas e as delegacións da Xunta de Galicia, no exterior, ao longo da súa existencia? .

4.ª) Cantos deles afectaron a situacións persoais e concretas de cidadáns e cantos teñen relación coa representación institucional diante de gobernos, empresas e outras entidades privadas ou públicas?.

5.ª) Dende a experiencia adquirida ao longo destes anos, como cualificaría o Goberno galego o papel desempeñado por estes organismos?

6.ª) Considera a Xunta de Galicia que a existencia de oficinas e delegacións no exterior pon en cuestión o modelo institucional e representativo do Estado?

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar