Soneira esixe á Xunta un seguro colectivo de accidentes no mar

Soneira esixe á Xunta un seguro colectivo de accidentes no mar

Soneira esixe á Xunta un seguro colectivo de accidentes no mar


A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Marisol Soneira, reclamará á Xunta que recupere o seguro colectivo de accidentes no mar nunha Moción que será debatida no Pleno do Parlamento desta semana. A responsable socialista lembra que o Goberno de Feijóo deixou “absolutamente desprotexidos” a 30.000 traballadores do mar dende a retirada do seguro no pasado mes de outubro.

A responsable socialista empraza á Xunta a “reverter unha decisión temeraria e irresponsable” como foi o de retirar unilateralmente o devandito seguro que “castiga aos sectores mais modestos da sociedade”. Lembrou que a Xunta “deixou sen cobertura ás viúvas/os e orfas/os e aos traballadores do mar que teñan a desgraza de sufrir un accidente ou de perder a vida no exercicio da súa actividade”.

Soneira esixe un seguro que dea cobertura a tódalas persoas enroladas nunha embarcación pesqueira que teña o seu porto base en Galicia, así como a tódolos galegos enrolados en barcos con porto base noutra Comunidade Autónoma do Estado ou abandeirados en terceiros países.

Reclamou cobertura tamén para tódalas persoas que exercen marisqueo a pé nas costas e rías galegas e que, polo tanto, non precisan estar enroladas en ningunha embarcación para exercer a súa profesión. Este seguro deberá tamén protexer a tódalas persoas que participen en labores de auxilio e rescate en accidentes producidos nos mares de Galicia e ás que traballan en viveiros flotantes nesta Comunidade Autónoma.

Falacia do aforro

A portavoz de Pesca dos socialistas galegos criticou que esta decisión do goberno de Feijóo “amparouse de novo na falacia do aforro”, xa que o “suposto aforro” que debera ter acadado foi “malgastado en campañas de publicidade da Consellería do Mar” que “despilfarrou mais de 3 millóns só en comprar páxinas nos medios de comunicación”.

Lembrou que “diga o que diga a propaganda oficial do PP”, o Seguro Colectivo de Accidentes no Mar cubría aos tripulantes galegos de calquera embarcación pesqueira, debidamente enrolados e con independencia do seu abandeiramento, así como os mariñeiros non galegos que cotizan no Réxime Especial do Mar da Seguridade Social, incluídos no TC2 dun buque pesqueiro con porto base en Galicia.

Dixo que o seguro comprendía as mais de 5000 mariscadores a pé, con autorización da Consellaría de Pesca, no desempeño lícito da súa actividade; traballadores de viveiros flotantes radicados na nosa Comunidade Autónoma; e persoal da Cruz Vermella de Galicia cando actuasen en tarefas de rescate e salvamento no mar nas nosas augas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar